Cerebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
 
Na maior parte dos animais o cerebro atópase na [[cabeza]]. Nos [[vertebrado]]s, o cerebro está
O '''cerebro''' (do [[lingua latina|latín]] ''cerebrum'', coa súa raíz indoeuropea «ker», ''cabeza, no alto da cabeza'' e «brum», ''levar''; tendo o significado arcaico de ''o que se leva na cabeza'') é o centro de supervisión, de centralización e de [[cefalización]] do [[sistema nervioso]], o de maior complexidade do reino animal.<ref>{{cita libro |url= http://books.google.es/books?id=HZaC45m9lMMC&pg=PA308&dq=cerebro+cefalizacion&hl=es&sa=X&ei=-_mhT-i_MfPy2gXS8KjhCA&ved=0CDUQ6AEwAQ#v=onepage&q=cerebro%20cefalizacion&f=false |título=Fisiología Animal |apelidos=Hill |nome=Richard |ano=2006 |editorial= Ed. Médica Panamericana |isbn=978-84-7903-990-5 |lingua=es}}</ref>
 
O cerebro encóntrase situado na [[cabeza]], protexido polo [[cranio]]. Polo xeral, preto dos principais órganos dos sentidos como a [[visión]], a [[audición]], o [[equilibriocepción|equilibrio]], o [[gusto]] e o [[olfacto]]. Corresponde, por tanto, á parte antesuperior do [[encéfalo]] dos [[cerebro humano|humanos]] e outros [[vertebrados]] e se subdivide en [[prosencéfalo|cerebro anterior]], [[mesencéfalo|cerebro medio]] e [[rombencéfalo|cerebro posterior]]. Noutros animais, como os [[invertebrados]] [[bilaterais]], enténdese por cerebro unha serie de ganglios arredor do [[esófago]] na parte anterior do corpo, comprendidos polo protocerebro, deutocerebro e tritocerebro nos [[artrópodos]]; ganglios cerebral, pleural e pedial nos moluscos [[gasterópodos]]; e masas supraesofágica e subesofágica en moluscos [[cefalópodos]]. Tamén posúen cerebros moi arcaicos ou simples bilaterais, os [[platihelmintos]], os [[nematodos]] e os [[hemicordados]]. Porén, hai bilaterais que mostran moi poucos aspectos distintivos de cefalización como os [[bivalvos]] ou os [[briozoos]]. Nalgunhas especies de invertebrados non existe un cerebro por carecer completamente de sistema nervioso, como nos [[poríferos]], nos [[placozoos]] ou nos [[mesozoos]]. Outros posúen un sistema nervioso, pero carecen de trazos definidos de centralización ou cefalización ao mostrar simetrías non bilaterais como os [[cnidarios]], os [[ctenóforos]] ou os [[equinodermos]].
Liña 19:
Durante as primeiras etapas da [[psicoloxía]], creuse que a mente debía separarse do cerebro. Pero posteriormente os científicos realizaron experimentos que chegaron a determinar que a mente era un compoñente no funcionamento cerebral pola expresión de certos comportamentos baseados no seu medio ambiente externo e o desenvolvemento do seu organismo. Os mecanismos polos cales a actividade cerebral dá lugar á conciencia e ao pensamento son moi díficiles de comprender: a pesar dos múltiples e rápidos avances científicos, segue habendo moitos misterios acerca de cómo funciona o cerebro. Na actualidade, as operacións das células cerebrais individuais son comprendidas con máis detalle, pero a forma en que cooperan entre os conxuntos de millóns foi moi difícil de descifrar. Así mesmo, os enfoques máis prometedores tratan ao cerebro coma unha «computadora biolóxica», totalmente diferente do mecanismo das computadoras electrónicas, pero similar no sentido que adquiren a información do mundo circundante, almacenándoa e procesándoa de múltiples formas.
 
Así a todo, pese a ser un dos órganos máis estudados, desenvolvéronse unha serie de conceptos erróneos que chegaron a ser asimilados pola sociedade como correctos, como é o caso da lenda que di que os humanos só utilizamos un 10 % do cerebro.<ref>{{cita publicación periódica |apelidos=Alonso |nome=JR |título=El mito del 10 % |url=http://principia.io/2015/02/19/el-mito-del-10/ |revista=Principia |ano=2015 |issn=2386-5997 |lingua=es}}</ref>
 
 
 
== Características físicas básicas ==
O cerebro humano pesa aproximadamente 1.300-1.600 gramos. A súa superficie (o chamado [[córtex cerebral]]), se estivese estendida, cubriría unha superficie de 1.800-2.300 centímetros cadrados. Estímase que no interior do córtex cerebral hai uns 22.000 millóns de neuronas, aínda que hai estudos que chegan a reducir esa cifra aos 10.000 millóns e outros a ampliala ata os 100.000 millóns. O número de neuronas tende a diminuír coa idade. Ademais, en recentes estudos antropolóxicos concluiuse que máis que o número de neuronas, importa o número de conexións entre elas. Por outra banda, o cerebro é o único órgano completamente protexido por unha bóveda ósea e aloxado na cavidade cranial.
 
== Funcionamento xeral ==
[[Ficheiro:Complete neuron cell diagram pt.svg|miniatura|dereita|400px|Esquema dunha [[neurona]]]]
O cerebro usa a [[enerxía]] bioquímica procedente do [[metabolismo]] celular como desencadeamento das reaccións neuronais. Os 'paquetes' de enerxía recíbense nas [[dendrita]]s e emítense nos [[axón]]s en forma de moléculas de substancias químicas (substancias que, por esa mesma razón, denomínanse [[neurotransmisor]]es).
 
=== Rexións metabólicas ===
Liña 104 ⟶ 102:
* Por esta razón hai actividades incompatibles entre si, pois o cerebro varía a cantidade de enerxía consumida con referencia ao sistema circulatorio, e a consecuencia á do resto do corpo. Por exemplo, se se fai deporte e quéimanse 1.500 Calorías, o cerebro consumiría o 20%, do cal investiu en activar a rexión cerebral que controla a parte corporal que á súa vez executa ordes nas partes físicas que interactuaron coa actividade ordenada polo consciente.
* Está composto por uns 10 a 15 mil millóns de neuronas, cada unha das cales se interconecta con outras por un número de sinapses que vai de varios centenares a máis de 20.000, formando unha rede estrutural que é unhas 100 veces máis complexa que a rede telefónica mundial.
* Toda experiencia sensorial, consciente ou inconsciente, queda rexistrada no aparello neuronal e poderá ser evocada posteriormente, se se dan certas condicións propicias; e algo parecido socede co noso coñecemento hereditario inconsciente que constitúe unha base de potencialidade aínda moito maior (Popper, 1980, p.&nbsp;136-7).
 
=== Plasticidade do cerebro humano ===