Cualedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Elimino desde "Concellos da provincia de Ourense"; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 56:
 
== Xeografía ==
Está integrado na comarca de [[Comarca de Verín|Verín-Monterrei]] e pertence ao Partido Xudicial de Verín e á [[diocese de Ourense]]. Abarca unha superficie de 117,5  km². A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, sita a 840 m sobre o nivel do mar. O termo municipal de Cualedro, segundo o [[nomenclátor]] de 1996, ten un total de vinte entidades singulares de poboación agrupadas en dez parroquias, sendo practicamente inexistentes os asentamentos dispersos.
 
Limita ao norte con [[Laza]] e [[Sarreaus]], ao leste con Laza e [[Monterrei]], ao oeste con [[Baltar]], [[Xinzo de Limia]], [[Trasmiras]] e Sarreaus, ao sur con [[Montalegre]], en [[Portugal]].
Liña 152:
 
=== Estrutura poboacional actual ===
Segundo o Padrón Municipal de Habitantes a 31 de decembro do [[2002]], a poboación de dereito de Cualedro ascende a 2.452 habitantes. Esta poboación repártese nun territorio de 117,6  km², o que supón unha densidade media de 20,85 hab./km².
 
No concello de Cualedro a estrutura de poboación por sexos aparece equilibrada, cunha pequena vantaxe dos homes fronte ás mulleres. O número de homes en 2002 era de 1.236, o que representa sobre o total un 50,4 %, mentres que o número de mulleres foi de 1.216, o que supón unha porcentaxe do 49,6 %. Esta pequena diferenza vaise incrementando se analizamos a porcentaxe de poboación feminina e masculina por tramos de idade, chegando a acadar algo máis de 12 puntos porcentuais cando chegamos á poboación da 4ª idade. Isto débese a que a taxa de mortalidade masculina é máis alta e non é atribuíble á emigración porque nesta zona, igual ca noutras do interior, e a diferenza da costa, o proceso afectou a ambos sexos. Co avellentamento progresivo da poboación o máis probable é que esta relación se inverta a medio prazo, xa que as mulleres son máis lonxevas.
 
O grupo con poboación de menores de 15 anos representa para Cualedro é un 6,48 % do seu total poboacional, porcentaxe moi por baixa en comparanza coa media galega, que está nun 12,12 %. Verbo do grupo dos maiores de 65 anos as diferenzas son de novo notorias, xa que para Cualedro representa un 35,11 % da poboación, moi superior á media galega, que é dun 20,31 %. Xaora, o grupo de adultos considerado poboación activa en Cualedro é inferior ao existente noutros ámbitos territoriais superiores, o que amosa a existencia dunha menor porcentaxe de persoas en idade de traballaren, coas repercusións que isto ten para a dinamización económica do municipio.
Liña 187:
 
==== Saneamento ====
Os núcleos de Cualedro contan cunha rede completa municipal de saneamento; son independentes en cada núcleo e unitarias (saneamento e pluviais xuntas). Nos tramos novos que o Concello está executando (A Xironda, Rebordondo etc.) a rede é separativa. O sistema é antigo, con posibles problemas de estanquidade. Os materiais, dependendo da data de colocación, son fibrocemento e formigón; o seu diámetro, totalmente insuficiente, é de 30  cm. Como sucede coa rede de abastecemento, os elementos de control e os sumidoiros aparecen nalgúns núcleos cubertos de asfalto, con evidentes problemas de inaccesibilidade.
 
A [[depuración de augas residuais|depuración]] das [[augas residuais]] é colectiva, municipal e a través de fosas sépticas. En xeral, o estado das fosas é regular, con moitos problemas de mantemento, rebase etc.
Liña 214:
 
==== Estado actual da rede viaria ====
No transcurso do s. XX o rural entra en crise e comeza un proceso de despoboamento e deterioro económico, agravado pola falta de servizos e comunicacións axeitadas. Na segunda metade do século comezan as obras para vertebrar o país. As estradas xerais redimensiónanse e cualifícanse. Este proceso continúa hoxe, completándose a rede viaria (actualmente, [[Plan Director de Infraestruturas de Galicia 2001-2010]]). A rede de estradas está, en xeral, en bo estado e ben dimensionada, aparecendo como punto de oportunidade o no A-52–N-525, en Lamas, por dous motivos: a A-52 como corredor de conexión entre [[Vigo]] ([[porto de Vigo|porto]], [[aeroporto de Peinador|aeroporto]]) e a Meseta; e a inadecuación dos enlaces coas estradas de Verín fai que sexa más cómodo acceder a Verín na saída de Cualedro e a través da N-525 (15  km). Semella un lugar idóneo para colocar unha área de servizo. Por outra banda, a conexión con Portugal a través da CV-315 (Cualedro–A Xironda) é outro punto de oportunidade: reforzar a conexión e interrelación transfronteiriza, recuperando un fluxo tradicional histórico.
 
==== Situación do viario nos núcleos ====
Liña 235:
A actividade edificatoria nos últimos 30 ou 35 años vén marcada por un proceso de nova edificación intenso. O núcleo tradicional de Cualedro experimentou os procesos comúns aos núcleos rurais. A introdución de nova edificación dentro das aldeas provocou a substitución dunha boa parte das edificacións tradicionais. A construción de vivenda unifamiliar fóra dos núcleos provocou, paralelamente, o abandono da vivenda tradicional. Dos vinte núcleos de poboación do termo Municipal só a capital tiña nos anos 60 unha certa estrutura urbana. Isto permitiulle asumir o proceso de duplicación sen grandes costos medioambientais. A lectura do estado da edificación nos núcleos explica en que medida coexistiron ou se impuxeron os procesos novos aos tradicionais, dando conta da reversibilidade das súas consecuencias na calidade medioambiental dos asentamentos. O carácter e o estado material dos edificios é consecuencia dos diferentes graos de intervención nas últimas décadas, da situación respecto do núcleo tradicional e da idade da edificación.
 
No núcleo urbano de Cualedro a vivenda tradicional representa o 30 % do total, fronte ao 50 % no total do concello. O núcleo tradicional de Cualedro ten unha dinámica moi semellante á dos demais núcleos rurais; as expansións urbanas que se xeraron arredor afectaron levemente ao desenvolvemento do conxunto tradicional. Apréciase un lixeiro aumento na tendencia negativa: maior abandono e menor rehabilitación. As vivendas abandonadas e en ruínas supoñen o 30 % das vivendas tradicionais, e no conxunto do Municipio alcanzan o 24,5 %. Respecto á rehabilitación de vivenda, no solo urbano realizáronse nun 9 % das vivendas tradicionais, mentres que no conxunto do municipio chegaron ao 17 %. A substitución de vivenda no conxunto tradicional é tamén lixeiramente superior: un 34 % fronte a un 33 % de media no Municipio. En calquera caso, a vivenda nova (segundo a análise dos Censos de poboación e vivenda dende 1961 ata 2001) experimenta un claro retroceso. Das vivendas construídas dende 1981 no territorio de Cualedro, só un 30 % corresponden á década 1991-2001. O núcleo urbano de Cualedro participa deste proceso, de xeito que a aparición de nova vivenda no chan urbano reflicte unha demanda moi baixa. A rehabilitación, aínda que por baixo da media municipal, é unha tendencia recente. Segundo o que se observa, tende a crecer lentamente e a absorber gran parte da demanda, en especial a de segunda vivenda.
 
=== Características da edificación ===