Google: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
}}
 
'''Google Inc.''' é a empresa propietaria da marca '''Google''', cuxo principal produto é o [[motor de busca|motor de procura]] do mesmo nome. Foi fundada o [[27 de setembro]] de [[1998]] por [[Larry Page]] e [[Sergey Brin]] (dous estudantes de [[doutoramento]] en [[Ciencias da Computación]] da [[Universidade de Stanford]]).
 
Malia ser o [[buscador]] o seu principal produto, a empresa ofrece tamén entre outros servizos: un comparador de prezos chamado [[Froogle]], aínda que logo pasou a chamarse Google Product, un motor de procura para material almacenado en discos locais [[Google Desktop Search]], e un servizo que revolucionou o mundo do [[correo electrónico]] gratuíto chamado [[Gmail]], o cal dispón para os seus usuarios máis de 6,5 [[Gigabyte|GB]] ([[Marzo]] de [[2008]]) de espazo e vai aumentando constantemente a razón de 4 [[bytes]] por segundo. Tamén é famoso o seu programa [[Google Earth]], mapamundi en 3D con imaxes de alta resolución. Recentemente lanzou a súa versión beta de [[mensaxería instantánea]] [[Google Talk]].
 
Actualmente Google está traballando en varios proxectos para aumentar o número de usuarios de Internet e facilitar os recursos para que estes poidan acceder á rede. Entre os proxectos destacan o [[PC de 100 dólares]], aplicacións [[GNU (sistema operativo)|GNU]], [[Google Docs & Spreadsheets]], colaboración<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1933/ Google segue colaborando co proxecto Mozilla Firefox]</ref> e promoción de aplicacións de [[software libre]] como [[Firefox]]<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1881/ Google págache un dólar por cada Firefox que recomendes]</ref>, instalación de varias redes inalámbricas de balde<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1761/ Google quere instalar unha rede WiFi gratuíta nos EEUU]</ref>, desenvolvemento dun sistema de protocolo aberto de comunicación por voz<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1803/ Google aposta polos protocolos abertos nas comunicacións]</ref>, entre outros. Ademais especúlase que estaría traballando no desenvolvemento dun [[sistema operativo]]<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1147/ O Sistema Operativo de Google]</ref> un Google Office<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1767/ Google Office: O mundo cambia esta semana]</ref>, e unha rede global de [[fibra óptica]]<ref>[http://google.dirson.com/noticias.new/1033/ Construirá Google a súa propia rede global de fibra óptica?]</ref>,
Liña 26:
En outubro de [[2006]], Google adquiriu por 1.650 millóns de dólares a famosa páxina de vídeos [[YouTube]].
 
En abril de [[2007]], Google mercou [[DoubleClick]], unha empresa especializada en publicidade en Internet, por 3.100 millóns de dólares. Ese mesmo mes, Google converteuse na marca máis valiosa do mundo, acadando a suma de 66.000 millóns de dólares, superando a emblemáticas empresas como [[Microsoft]], [[General Electric]] e [[Coca-Cola]].
 
En xullo de 2007, Google comprou [[Panoramio]], un [[sitio web]] dedicado a exhibir as [[fotografía]]s que os propios [[usuario]]s crean e [[Xeoetiquetado|xeoposicionan]], sendo algunhas delas subidas ao sitio para que poidan ser vistas a través do [[software]] [[Google Earth]], cuxo obxectivo é permitir aos usuarios do mencionado software aprender máis sobre unha zona específica do mapa, observando as fotografías que outros usuarios tomaron alí.
Liña 91:
|}
 
Google é, posiblemente, o [[motor de procura]] en [[Internet]] máis grande e máis empregado. Ofrece unha forma rápida e sinxela de atopar información na [[web]], con acceso a un índice de máis de 8.168 millóns de [[Páxina Web|páxinas web]]. Segundo a compañía, actualmente Google responde a máis de 200 millóns de consultas ao día.
 
O nome '''Google''' é un xogo de palabras entre o número [[gúgol]] ([[googol]])<ref>http://www.elpais.com/articulo/portada/Planeta/Google/elpepusoceps/20070121elpepspor_6/Tes</ref> - termo improvisado polo sobriño de nove anos de [[Edward Krasner]], [[Milton Sirotta]], en [[1938]], que representa o 10 elevado á 100- e as lentes(goggles). Foi votada como a marca do ano ([[2003]]), segundo a axencia británica de marcas [[Interbrand]]. Lamentablemente iniciou unha política de censura para lograr expandirse en países [[totalitario]]s como [[República Popular da China|China]]. En razón disto foi considerada A Vergoña Empresarial [[2005]] pola American Freedom Union.
 
Existe tamén un motor de procuras para imaxes, [[grupos de noticias]] e directorio. A técnica que permite situar unha páxina nunha boa posición dun [[buscador]] é o [[posicionamento Web]] (coñecido tamén como [[PageRank]]) patentado por Google.
 
Ademais dos sitios locais de cada país existe a [http://www.google.com/ig?hl=gl páxina principal personalizada] de Google na que ademais do clásico buscador, pódense engadir ligazóns, noticias temáticas, e unha ollada á bandexa de entrada do correo de Google, [[Gmail]].
 
Google usa varios '''spiders''' ([[araña]]s) cuxa función é a de colleitar e ordenar a información. O spider que máis tempo leva rastrexando a rede é o ''[[Googlebot]]'', encargado de recoller os links que despois se atoparán en '''Google'''. Ademais conta con outros robots como ''FreshBot'', que escanea os principais sitios con información actualizada con frecuencia, como portais de [[noticias]].
Liña 118:
=== Google Noticias ===
 
Google Noticias é un servizo, cuxa versión en [[lingua inglesa|inglés]] xa saíu da fase beta, que pretende ser un buscador de novas, clasificándoas e agrupándoas pola relación que teñen entre elas. Asígnaselles nunha categoría e son presentadas pola orde de antigüidade ou relevancia. A procura de noticias realízaa con base nunha serie de axencias de información.
 
Os países que contan con versións locais de Google News son: [[Alemaña]], [[Arxentina]], [[Australia]], [[Austria]], [[Bélxica]], [[Bolivia]], [[Brasil]], [[Canadá]], [[Chile]], [[República Popular da China|China]], [[Colombia]], [[Corea do Sur]], [[Cuba]], [[República Dominicana]], [[Ecuador]], [[España]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Francia]], [[Guatemala]], [[Hong Kong]], [[India]], [[Irlanda]], [[Italia]], [[Xapón]], [[México]], [[Países Baixos|Holanda]], [[Nova Zelandia]], [[Panamá]], [[Perú]], [[Portugal]], [[Suráfrica]], [[Suíza]], [[Reino Unido]], [[Taiwan]], [[Uruguai]] e [[Venezuela]].
 
=== Manexo ===
Ao chegares á páxina principal do buscador destaca a simplicidade da súa interface, onde se pode distinguir principalmente o seu [[Logo de Google|logotipo]] (cambiante segundo diversos eventos de distinta índole que poidan ser relevantes) as distintas categorías, o cadro, os botóns e o ámbito da procura, ademais dun pequeno menú de opcións.
 
O botón "vou ter sorte" directamente remítenos ao primeiro resultado, útil cando buscamos cousas moi populares ("[[Microsoft]]", "[[Renault]]", "Google", "[[Galipedia]]" etc.) e un botón "procura avanzada" que nos permite concretar as procuras sen necesidade de coñecer todos os operadores que ofrece Google.
 
Detrás da sinxeleza da interface principal de Google atópase un complexo intérprete capaz de obter as máis complexas procuras.
 
==== Buscas e operadores sinxelas ====
* '''Uso de comiñas:''' pode especificar ao motor de Google que desexa buscar unha expresión composta de dous ou máis palabras literalmente, escribindo os termos a buscar entre comiñas.
** “coches de ocasión” buscará tódolos sitios que conteñan a expresión "coches de ocasión" textualmente.
 
* '''AND:''' de xeito predeterminado Google lánzase en busca de resultados unindo as palabras introducidas polo usuario empregando este operador. Así o resultado final dunha procura sen especificar nada ou utilizando o operador AND serán os resultados que conteñan á vez a lista de palabras especificada.
** As procuras "coches AND ocasión" ou "coches ocasión" obterán os mesmos resultados, unha lista dos sitios web que conteñan a palabra coches e a palabra ocasión.
 
* '''OR ou símbolo “|” :'''Se desexa especificar que non cómpre a aparición das dúas palabras en cada resultado da procura, senón cada unha delas por separado, deberá especificar o operador OR entre os termos que deban cumprir este criterio.
** "coches OR ocasión" agora obterá como resultado unha listaxe dos sitios web que conteñan o termo coches ou ocasión.
 
* '''O operador – :''' permite excluír resultados da procura. Debe especificarse antes do termo a obviar para que se busquen os resultados que non conteñan a palabra especificada.
** "coches -ocasión" buscase os sitios web que conteñan a palabra coche pero non ocasión.
 
* Pódense asignar distintos eidos aos operadores delimitándoos con paréntese:
** "(coches OR motos) AND ocasión" buscará todas as Webs que conteñan a palabra coches ou motos e con calquera destas dúas é indispensable que apareza ocasión.
 
* '''Comandos especiais:'''
** '''"site:nombre_do_sitio palabras para buscar"''', busca só neste sitio.
*** "site:gl.wikipedia.org matemática", buscas para tódalas páxinas que conteñen a palabra "matemática" dentro da web <nowiki>http://gl.wikipedia.org</nowiki>
** Pódense consultar un sitio ata cando non funciona facendo clic no botón "cache" que aparece á beira de cada un dos resultados da procura.
 
* Se un pon "'''define:'''" seguido dunha palabra (ex: define:Corpo Humano) busca definicións e textos enciclopédicos sobre ese tema.
* Usando "'''cache:'''" antes dunha [[URL]], amosará o contido da caché de Google (isto é útil en momentos en que por algunha razón unha dirección non é accesible temporalmente).
Liña 178 ⟶ 172:
{{Artigo principal|Gmail}}
 
O [[31 de marzo]] de [[2004]] Google lanzou o seu servizo (en [[Fases de desenvolvemento de software#Beta|fase beta]]) Gmail que se destacou entre os servizos de correo máis populares do momento por proporcionar 1 gigabyte de capacidade (posteriormente aumentada a 6 gigabytes). Durante bastante tempo, para poder acceder a unha conta Gmail era necesario recibir unha invitación doutro usuario de Gmail.
 
Este servizo de mensaxería destacou, entre outras cousas, por utilizar un sistema de procura de mensaxes simple e avanzado ao mesmo tempo, similar ao do buscador web ao cal debe o seu slogan "Non organices, busca". Ademais ofrece outras características adicionais como as etiquetas, filtros avanzados, posibilidade de múltiples contas para correo saínte, chat integrado etc. que o fan moi atractivo.
Liña 192 ⟶ 186:
=== Google Maps ===
 
Google Maps é o servizo, vía web, que permite visualizar o mundo a través de imaxes vía satélite, imaxes de mapas ou combinar estas dúas.
 
Grazas ao buscador, podemos buscar lugares de todo o mundo e poder visualizalo de forma efectiva.
 
As imaxes de satélite comparten a base de datos de [[Google Earth]], o que significa que son as mesmas imaxes que se verán no devandito programa e coa mesma resolución.
 
Os mapas só están dispoñibles en certos lugares, o que significa que a función híbrida de mapa e satélite só este dispoñible nos lugares onde estean dispoñibles as dúas características.
Liña 202 ⟶ 196:
=== AdSense ===
{{Artigo principal|AdSense}}
Servizo para webmasters e empresas de publicidade vía web.
 
Este servizo caracterízase por ser un frame no que se mostra texto co aspecto dunha procura en Google, nel aparecen as lgazóns dos anunciantes, e os webmasters reciben un pago por cada clic que se faga nas lgazóns de AdSense da súa web. Actualmente hai que levar coidado co formato elixido e a disposición dos anuncios na súa web, xa que se se usa formatos grandes, con moitos anuncios, córrese o risco de ser cancelada a conta de AdSense, de xeito unilateral de acordo ao contrato subscrito no momento do rexistro, se algún usuario fixese un clic en cada anuncio da páxina na que se mostran de xeito reiterado.
 
Google, empresa líder en publicidade online, caracterízase por perseguir con moito afán a fraude nos clics de [[AdSense]] en especial aqueles que o intentan a través dun [[PPF]].
 
=== Adwords ===
AdWords de Google é unha ferramenta rápida e sinxela de utilizar que permite adquirir anuncios de custo por clic (CPC) ou custo por impresión (CPM) correctamente orientados, independentemente de cal sexa o seu orzamento. Os anuncios de AdWords publícanse xunto cos resultados das procuras realizadas en Google, así como nos sitios de procura e de contido da crecente rede de Google.
 
=== Google Calendar ===
Liña 215 ⟶ 209:
[[Ficheiro:Capture6.png|miniatura|Lightning integrado en Thunderbird]]
 
Google Calendar é unha axenda que permite ter diferentes calendarios diferenciados por cores. Permite compartir os calendarios privados con outros usuarios podendo darlles diferentes niveis de permisos. Dispón da posibilidade de incorporar calendarios públicos realizados por outros usuarios, tales como guía de programación de televisión, axenda do teu club favorito de fútbol, santoral etc... O calendario pódese configurar para que envíe un recordatorio antes que pase un evento á o conta de correo electrónico do usuario cun arquivo para importar a tarefa á axenda de [[Microsoft Outlook]], ata pode enviar un aviso [[SMS]] se se vive nunha zona habilitada para iso. Ata a data, esta en [[versión beta]] pero é funcional.
 
Tamén existe a opción de integrar en [[Thunderbird]] o calendario de Google utilizando a extensión "lightning" para así podelo xestionar desde un programa de correo tradicional.
Liña 222 ⟶ 216:
 
=== Outros servizos ===
Tamén dispón dunha calculadora para operacións aritméticas básicas, [[Google Calc]], e un conversor de divisas, sendo "25 USD to EUR" un exemplo do seu uso (conversión de 25 dólares estadounidenses a euros). Se escribimos unha operación aritmética na casa de procura, Google Calc activarase para darnos o resultado. [[Google Page Creator]] que ofrece un sinxelo editor de páxinas web cun espazo de 100 megabytes, [[Google Spreadsheets]] unha [[folla de cálculo]] en liña e [[Picasa]] un editor de imaxes gratuíto no cal pódense subilas a [[internet]] e publicalas nun álbum web.
 
A continuación lístanse os servizos adicionais tamén pertencentes a Google: