Italia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 51:
'''Italia''' ({{Audio|Gl-Italia.ogg|pronunciación}}) ({{palabra estranxeira |lingua=it |palabra=Italia |AFI=[iˈtaːlja] |son=It-Italia.ogg}}<ref>{{cita web |url=http://www.dipionline.it/dizionario/ricerca?lemma=Italia |título=DiPI Online - Dizionario di Pronuncia Italiana|dataacceso=25 de setembro de 2015}}</ref>), oficialmente '''República Italiana'''<ref>{{cita web |url=http://www.governo.it/Governo/Costituzione/principi.html |título=Constituzione della Repubblica Italiana |editor=Governo Italiano |cita=Articolo 1: «L'Italia è una Repubblica democratica, fondata sul lavoro. La sovranità appartiene al popolo, che la esercita nelle forme e nei limiti della Costituzione» |dataacceso=25 de setembro de 2015 |lingua=italiano}}</ref> ({{Audio|Gl-República Italiana.ogg|pronunciación}}) (en [[idioma italiano|italiano]]: ''Repubblica Italiana''), é unha [[república parlamentaria]] cuxo territorio está en [[Europa meridional]] (99,97%) e no [[África Setentrional|norte de África]] (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da [[península Itálica]], o [[Chaira padana|val do río Po]] e dúas grandes illas no [[mar Mediterráneo]]: [[Sicilia]] e [[Sardeña]]. O territorio africano fórmano as pequenas illas de [[Lampedusa]], [[Lampione]] e [[Pantelaria]].
 
No norte está flanqueado polo [[Alpes|arco alpino]] onde limita, de leste a oeste, con [[Eslovenia]], [[Austria]], [[Suíza]] e [[Francia]]. O resto do territorio está circundado polos mares [[Mar de Liguria|Lígur]], [[Mar Tirreno|Tirreno]], [[Mar Xónico|Xónico]] e [[Mar Adriático|Adriático]]. Os pequenos estados da [[Cidade do Vaticano]] e [[San Marino]] son [[enclave]]s dentro do territorio italiano. Á súa vez [[Campione d'Italia]] é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 &nbsp;km<sup>2</sup>, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes<ref name="Poboación"/><ref name="CIA">{{cita web |lingua=inglés |url=https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/it.html |título=Italy - The World Factbook |dataacceso=25 de setembro de 2015}}</ref><ref name="Poboación"/>. A súa capital desde os tempos do [[Imperio romano]] é [[Roma]], e foi durante séculos o centro político e cultural da [[civilización occidental]]
 
Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de [[Nuraga]], os [[etruscos]], os [[Magna Grecia|gregos]] e os [[Roma Antiga|romanos]]. Despois da caída do [[Imperio Romano de Occidente]], a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos [[xermánicos]] coma os [[Ostrogodos]], os [[Longobardos]] e os [[Normandos]]. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do [[capitalismo]]<ref>{{cita libro |autor=A. Fanfani |título=Cattolicesimo e protestantesimo nella formazione del capitalismo |editorial=Marsilio |localización=Venecia |ano=2005 |páxinas=129-144 |lingua=italiano}}</ref><ref>{{cita libro |autor=L. Pellicani |título=La genesi del capitalismo e le origini della modernità |editorial=Rubbettino |localización=Soveria Mannelli |ano=2013 |lingua=italiano}}</ref>. No [[século XV]], coa difusión do [[Renacemento]] por toda [[Europa]], convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das [[Guerras italianas (1494-1559)|guerras do século XVI]] cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, [[España]] e Austria. Durante o [[Risorgimento]] combate pola independencia e pola unidade, ata que en [[1861]] foi proclamado o [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]]. A ditadura [[Fascismo|fascista]], iniciada en [[1922]], rematou coa derrota na [[segunda guerra mundial]] e a [[guerra de liberación italiana|guerra de liberación]]. En [[1946]], logo dun [[referendum]] institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola [[Constitución italiana de 1948|Constitución de 1948]].
Liña 231:
Italia é un país altamente urbanizado. As maiores cidades do país son [[Roma]], [[Milán]] e [[Nápoles]], cada unha con máis dun millón de habitantes. A [[densidade de poboación]] italiana é unha das máis altas da Europa, con 197 hab./km².
 
Italia posúe unha taxa moi baixa de crecemento poboacional anual, unha das máis baixas do continente, unha consecuencia de menos fillos por familia. A rexión de [[Trentino-Alto Adige]] (norte)<ref>[http://www.demo.istat.it/fecondita/index.html]</ref> posúe a maior taxa de fertilidade, por outro lado as rexións do Sul ten unha taxa de fertilidade inferior que as rexións do norte. <ref>[http://www.ilfarmacistaonline.com/studi-e-rapporti/articolo.php?&&articolo_id=2535&&cat_1=6&&cat_2=0]</ref>
 
Cerca de 98 % da poboación italiana son descendentes de italianos. Minorías inclúen [[Alemaña|alemáns]] que viven na rexión de [[Trentino-Alto Adige]], e [[Eslovenia|eslovenos]], que viven na rexión de [[Trieste]], ben como descendentes de [[Francia|franceses]], que viven na rexión de [[Val de Aosta]].