Acústica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
[[Ficheiro:Harmonic partials on strings.svg|miniatura|250px|[[Sobretono]]s dunha corda vibratoria. [[Pitágoras]] foi o primeiro en estudar este fenómeno.]]
 
A ciencia da acústica ten a súa orixe na [[Antiga Grecia]] e [[Roma Antiga|Roma]], entre os séculos VI a. C. e I d. C. Comezou coa música, que viña practicando como arte desde facía miles de anos, pero non fora estudada de forma científica ata que [[Pitágoras]] interesouse pola natureza dos intervalos musicais. Quería saber porqué algúns intervalos soaban máis belos que outros, e chegou a respostas en forma de proporcións numéricas. [[Aristóteles]] (384 a 322 a. C.) comprobou que o son consistía en contraccións e expansións do aire "caendo sobre e golpeando o aire próximo", unha boa forma de expresar a natureza do movemento das [[onda sonora|ondas]]. Ao redor do ano 20 a. C., o arquitecto e enxeñeiro romano [[Vitruvio]] escribiu un tratado sobre as propiedades acústicas dos teatros, incluíndo temas como a [[interferencia]], os [[eco]]s, e a [[reverberación]]; isto supuxo o comezo da acústica arquitectónica. <ref> ACOUSTICS, Bruce Lindsay, Dowden - Hutchingon Books Publishers, capítulo 3</ref>
 
A comprensión da física dos procesos acústicos avanzou rapidamente durante e logo da [[Revolución Científica]]. [[Galileo]] (1564-1642) e [[Mersenne]] (1588-1648) descubriron de forma independente todas as leis da corda vibrante, terminando así o traballo que Pitágoras comezara 2000 anos antes. Galileo escribiu "As ondas son producidas polas [[vibración]]s dun corpo sonoro, que se difunden polo aire, levando ao [[tímpano (oído)|tímpano]] do [[oído]] un estímulo que a mente interpreta como son", sentando así o comezo da acústica fisiológica e da psicolóxica.
Liña 35:
O estudo da acústica enténdese a través da xeración, propagación e recepción de ondas mecánicas e vibracións.
 
::[[Ficheiro:Cause-effect diagram for acoustics.svg|med| The fundamental acoustical process]]
 
Os pasos mostrados no diagrama de arriba poden ser encontrados en calquera evento acústico. Poden existir moitos tipos de causas, tanto naturais como provocadas. Tamén hai moitos tipos de procesos transdutores que convertan unha enerxía de calquera tipo en enerxía sonora, producindo unha onda sonora. Hai unha ecuación fundamental que describe a propagación da onda sonora, pero os fenómenos que xorden dela son variados e complexos. A onda leva enerxía a través do medio de propagación. Ao final, a enerxía é convertida outra vez noutra forma, de xeito, outra vez, natural ou provocado. O efecto final pode ser puramente físico ou pode alcanzar dominios biolóxicos e deliberados. Os cinco pasos básicos poden ser atopados da mesma forma tanto se falamos de [[terremoto]]s, dun submarino empregando un [[sonar]] ou dun grupo musical dando un concerto.