Nicolao II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 39:
}}
{{Contén texto cirílico}}
'''Nicolao II de Rusia''' (en {{lang-ru|Николaй Алексaндрович Ромaнов}}, ''Nikolai Aleksandrovich Romanov''), nado en [[San Petersburgo]] o {{xulgregdata|18|5|1868}} e finado en [[Ekaterimburgo]] o [[17 de xullo]] de [[1918]], foi o último [[tsar]] de [[Rusia]]. Fillo de [[Alexandre III de Rusia|Alexandre III]], gobernou desde a morte do seu pai, o {{xulgregdata|1|11|1894}}, ata a súa abdicación o {{xulgregdata|15|3|1917}}, cando renunciou no seu nome e no do seu fillo [[Aleksei Nikolaevich Romanov|Aleksei]] e o trono pasou ao seu irmán, o gran duque [[Miguel Aleksandrovich Romanov|Miguel]]. Durante o seu reinado viu como o [[Imperio ruso]] sufriu un desastre económico e militar. Foi alcumado ''Nicolao o Sanguinario'' polos críticos debido á [[Traxedia de Khodynka]], o [[Domingo Sanguento (1905)|Domingo Sanguento]] e polos [[pogromo]]s [[Antisemitismo|antisemitas]] que se produciron durante o seu reinado. Como [[Xefe de Estado]], aprobou a mobilización de agosto de [[1914]] que marcou o inicio da [[Primeira Guerra Mundial]], a [[Revolución Rusa de 1917|revolución]] e a consecuente caída da [[dinastía Romanov]].
 
O seu reinado acabou coa súa abdicación trala [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]], cando intentando volver do Cuartel Xeneral de [[Mogilev]] á [[Petrogrado]], foi detido en [[Pskov]] e foi obrigado a abdicar.<ref>{{harvnb|Massie|2000|p=412-413}}</ref> A partir de entón, o tsar e a súa familia foron apresados, primeiro no [[Palacio de Alexandre]], en [[Tsarskoe Selo]], despois na casa do gobernador de [[Tobolsk]] e finalmente na [[casa Ipatiev]] de [[Ekaterimburgo]]. Nicolao II, a súa muller [[Alexandra Feodorovna Romanova|Alexandra]], os seus cinco fillos, o médico da familia e tres serventes máis foron executados nó sóutano da casa polos [[bolxevique]]s na madrugada do [[16 de xullo|16]] ao [[17 de xullo]] de [[1918]]. Este acto foi ordenado por [[Vladimir Lenin]] e o líder bolxevique [[Iakov Sverdlov]].<ref>{{harvnb|Massie|2000|p=522}}</ref> Posteriormente, Nicolao II e a súa familia foron canonizados como [[mártir]]es pola [[Igrexa Ortodoxa Rusa fóra de Rusia]].
Liña 57:
=== Política internacional ===
[[Ficheiro:Nicholas II of Russia painted by Earnest Lipgart.jpg|200px|miniatura|Nicolao II pintado por Earnest Lipgart]]
A instancias dos seus conselleiros, Nicolao esforzouse por estender a súa influencia en [[Asia]], rivalizando coas potencias occidentais na carreira [[Imperialismo|imperialista]]; ordenou a intervención de Rusia na [[Guerra Chinés-Xaponesa]] de [[1896]], no establecemento da base de [[Port Arthur]] en [[1898]], a ocupación de [[Manchuria]] en [[1900]], e acordou cos británicos a repartición de [[Persia]] en esferas separadas de influencia en [[1907]].
 
Os intentos por exercer unha influencia determinante en [[Europa Oriental]] e os [[Balcáns]] como cabeza dun movemento paneslavista deron lugar a múltiples conflitos e tensións internacionais, en virtude do aliñamento ruso con [[Serbia]] fronte aos intereses do [[Imperio Austrohúngaro]]; pero, tras sufrir unha primeira derrota diplomática na crise de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]] ([[1908]]), as [[Guerras Balcánicas]] de [[1912]] e [[1913]] acabaron definitivamente co control ruso sobre a península balcánica.
 
Estableceu excelentes relacións con [[Francia]], o seu máis leal aliado, e con [[Alemaña]], grazas ao seu estreito parentesco co kaiser [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]]; este último foi largamente o seu conselleiro de maior confianza en materia internacional, aínda que moi manipulador, resultaba evidente para calquera operador político máis sagaz que o tsar, que os seus consellos estaban orientados a empregar a influencia rusa para controlar os intereses doutras potencias, moitas veces en beneficio directo de Alemaña e socavar a alianza entre Francia e Rusia. A longo prazo, a influencia nefasta de Guillerme II ía ser a ruína para Nicolao II.
 
=== Autocracia e procesos revolucionarios ===
En política interior, Nicolao seguiu a liña autocrática dos seus antecesores, aínda que suavizando un pouco a liña deles, pero máis ben á marxe da súa intervención directa, o seu país tivo un proceso de [[industrialización]] acelerada que permitiu a Rusia entrar na era moderna, pero que tamén fixo xurdir importantes núcleos obreiros en forma de [[sindicato]]s.
 
A iniciativa do movemento liberal presentada ao novo Tsar, de establecer unha [[Constitución]] que fixase as normas do exercicio do poder atopouse, con todo, cun rotundo rexeitamento monárquico; seguindo o consello de Pobiedonostev, Nicolao mostrouse severo co que cualificou de "''insensatos soños de participación en asuntos de administración interna''". A súa rixidez alienou a sectores non particularmente comprometidos cunha ideoloxía afín á revolución, e foi causa de moitos se mostrasen descontentos.
 
Un destes descontentos chamábase [[Lenin]], un avogado que proviña da rexión de [[Simbirsk]], cuxo irmán, [[Alexander Uliánov]] foi executado por intento de asasinato de Alexandre III en [[1887]].
 
Vladimir Ilich Uliánov, máis tarde Lenin, realizou actividades subversivas en [[San Petersburgo]], foi arrestado e exiliado a [[Siberia]], e logo de ser liberado trasladouse a [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e [[Londres]] para fundar as bases do movemento comunista.
Liña 75:
 
=== Guerra con Xapón e instauración da Duma ===
:''Ver: [[Guerra ruso-xaponesa]]''
 
En [[1905]], intentando conter o avance xaponés en [[Indochina]], que ameazaba os portos rusos orientais, Nicolao declarou a guerra ao [[Xapón]]. Debido á incompetencia dos almirantes rusos, os xaponeses asediaron e bloquearon Port Arthur e [[Vladivostok]], propinando unha severa derrota á frota rusa, parte da cal quedou encerrada en porto e semiafundida.
 
O emperador entón nun desesperado esforzo mobilizou á frota do Báltico, con buques de guerra inadecuados para alta mar, nun periplo que a levou a dar a volta a Europa e [[África]], sostendo graves conflitos diplomáticos con Inglaterra (incidente do Dogger Bank) e Alemaña (que lle virou as costas) no transcurso da accidentada viaxe, para logo de case ano e medio de navegación chegar ao [[Batalla de Tsushima|estreito de Tsushima]], onde foi derrotada polas forzas navais xaponesas ao mando de [[Heihachiro Togo]].
 
O descontento popular por esta derrota, sumado á crise interna, estalou nunha revolución naquel mesmo ano, que foi severamente pero ineficazmente reprimida no chamado [[Domingo Sanguento (1905)|Domingo Sanguento]]. Ante a ameaza dun alzamento, o tsar, mal aconsellado polo seu ministro [[Sergei Witte]] anunciou en [[1905]] varios cambios institucionais dirixidos a diminuír o tinte absolutista da monarquía; o máis importante destes foi a convocatoria dunha ''[[Duma]]'' ou [[Parlamento]], con [[poder lexislativo|potestades lexislativas]] limitadas, xunto coa promulgación en [[abril]] de [[1906]] dunhas leis fundamentais que deron un carácter semiconstitucional á monarquía.
Liña 181:
* 15 de marzo de 1917 - 17 de xullo de 1918 : ''Señor'' Nicolao Alexandroviсh Romanov
 
Segundo o artigo 59 da [[Constitución rusa de 1906]]<ref>{{Cita web|url=http://www.angelfire.com/pa/imperialrussian/royalty/russia/rfl.html|título=RUSSIAN FUNDAMENTAL LAWS ~ 1906 ~|dataacceso=2 de febreiro de 2016}} </ref> o título completo do tsar era o seguinte:
{{cita|"Nós, [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] pola graza de Deus, Emperador e Autócrata de todas as [[Rusia]]s, de [[Moscova]], [[Kiev]], [[Vladímir]], [[Nóvgorod]], tsar de [[Kazán]], tsar de [[Astrakán]], tsar de [[Polonia]], tsar de [[Siberia]], tsar do [[Quersoneso táurico]], tsar de [[Xeorxia]], Señor de [[Pskov]], e Gran Duque de [[Smolensk]], [[Lituania]], [[Volinia]], [[Podolia]], e [[Finlandia]], Príncipe de [[Estonia]], [[Livonia]], [[Curlandia]] e [[Semigalia]], [[Samogitia]], [[Białystok]], [[Carelia]], [[Tver]], [[Khanty-Mansi|Yugra]], [[Perm]], [[Vyatka]], [[Bulgaria do Volga|Bulgaria]], e outros territorios; Señor e Gran Duque de [[Nizhni Novgorod]], [[Chernigov]]; Rexente de [[Riazán]], [[Polotsk]], [[Rostov]], [[Yaroslavl]], [[Belozero]], [[Udoria]], [[Obdoria]], [[Kondia]], [[Vitebsk]], [[Mstislav]], e outros territorios do norte; Rexente de [[Iberia caucásica|Iveria]], [[Kartli|Kartalinia]], e as terras de [[Kabardina]] e [[Armenia]] - Rexente e Señor hereditario dos [[Cherquesia|Circasianos]] e outros; Señor de [[Turquestán]], Herdeiro de [[Noruega]], Duque de [[Schleswig-Holstein]], [[Stormarn]], [[Dithmarschen]], [[Oldemburgo]], e así sucesivamente e así sucesivamente e así sucesivamente."}}
 
=== Honras ===