Georg Simon Ohm: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *párrafo
Liña 62:
A ecuación I = V / R coñécese como "lei de Ohm". Afírmase que a cantidade de corrente constante a través dun material é directamente proporcional á tensión a través do material dividido pola resistencia eléctrica do material. O ohmio (Ω), unha unidade de resistencia eléctrica, é igual á dun condutor no cal unha corrente (I) dun amperio (1 A) é producida por un potencial dun voltio (1 V) a través dos seus terminais. Estas relacións fundamentais representan o verdadeiro comezo da análise de circuítos eléctricos.
 
A corrente circula por un circuíto eléctrico de acordo con varias leis definidas. A lei básica do fluxo de corrente é a lei de Ohm. A lei de Ohm establece que a cantidade de corrente que flúe nun circuíto formado por resistencias só se relaciona co voltaxe no circuíto e a resistencia total do circuíto. A lei exprésase xeralmente pola fórmula V = I*R (descrito no párrafoparágrafo anterior), onde I é a corrente en amperios, V é o voltaxe (en voltios), e R é a resistencia en ohmios.
 
O ohmio, unha unidade de resistencia eléctrica, é igual á dun condutor no cal prodúcese unha corrente dun amperio por un potencial dun voltio a través dos seus terminais; así anos antes de que Ohm enunciase a súa lei, outros científicos realizaran experimentos coa corrente eléctrica e a tensión. Destaca o caso do británico [[Henry Cavendish]], que experimentou coa [[botella de Leiden]] en [[1781]] pero non chegou a publicar as súas conclusións, ata que case 100 anos despois, en 1879, [[James Clerk Maxwell]] as publicou.