Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 89:
107–147. Academic Press, Inc., Orlando, Florida, USA.</ref>. Este tipo de núcleo era antes considerado unha forma intermedia entre a rexión [[nucleoide]] dos [[procariota]]s e o núcleo verdadeiro dos [[Célula eucariótica|eucariotas]], polo que foi denominado mesocariótico, pero agora considérase que ten características avanzadas en vez de primitivas.
 
Na maioría dos dinoflaxelados, o núcleo é [[dinocariótico]] en todo o seu ciclo de vida. Son especies xeralmente [[haploide]]s, e reprodúcense principalmente a través de [[fisión binaria]], pero tamén se realiza a [[reprodución sexual]]. <ref>Rapport, Josh. [http://www.mbari.org/staff/conn/botany/dinos/repro.htm "Dinoflagellate reproduction."] DinoflagellateHabitat, Ecology, and Behavior (05 Jan. 2005). URL accessed on 5 February 2006.</ref> Esta ten lugar por fusión de dous individuos para formar iun [[cigoto]], que pode conservar a mobilidade á maneira típica dos dinoflaxelados ou pode orixinar un estado de repouso, o chamado [[quiste de dinoflaxelado]] ou [[dinoquiste]], que posteriormente sofre a [[meiose]] para producir novas células haploides.
 
Cando as condicións son desfavorables, normalmente cando os nutrientes se van esgotando ou non hai luz dabondo, algunhas especies de dinoflaxelados alteran os seus ciclos de vida substancialmente. Dúas células vexetativas fusiónanse formando un planocigoto (móbil). Despois pásase a un estadio que non é moi diferente a unha hibernación chamado hipnocigoto, no que o organismo acumula un exceso de graxas e aceites (reserva enerxética). Ao mesmo tempo, o seu corpo alóngase e a cuberta faise máis dura. Ás veces mesmo se lle forman espículas na superficie. Cando a climatoloxía o permite, estes dinoflaxeldos rompen as súas cubertas e pasan a un estadio temporal chamado planomeiocito, no que reforman rapidamente a súa teca e tornan a ser dinoflaxelados como os do principio do proceso.