Diocese católica latina de Astorga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m clean up using AWB
Liña 15:
Comprende territorios que se estenden por parte das provincias actuais de [[provincia de León|León]], [[provincia de Zamora|Zamora]], ambas as dúas pertencentes civilmente á comunidade de [[Castela e León]], ademais de por parte da [[provincia de Ourense]], na comunidade de [[Galiza]]. Nesta son asturicenses as comarcas de [[comarca de Valdeorras|Valdeorras]], [[comarca de Trives|Trives]], e [[comarca de Viana|Viana]]; ademais algunhas freguesías dos concellos de [[Chandrexa de Queixa]] e [[A Gudiña]], tamén o son. A comarca lucense de [[comarca de Quiroga|Quiroga]] foi asturicense até o ano 1955, pasando entón á diocese de Lugo ao trocarse por territorios lucenses no Valcarce, no [[O Bierzo|Bierzo]]. Historicamente tamén formaron parte desta diocese territorios portugueses da [[Terra de Miranda]], actualmente pertencentes á [[diocese de Bragança]], o que se ten aducido para explicar a persistencia de dialectos leoneses nesa comarca (ver [[lingua mirandesa|mirandés]]).
 
Na actualidade a diocese de Astorga ocupa uns 11.525  km² de superficie, dos cales corresponden á [[provincia de León]] 6.299  km² (54,65 % do total), á [[provincia de Zamora]] 3.526  km² (30,59 %) e á [[provincia de Ourense]] 1.700  km² (14,75 % da diocese). A poboación total do bispado apenas superaba os 200.000 habitantes, dos cales algo máis de 40.000 corresponden ao territorio galego.
 
==Historia==
Liña 24:
 
===No reino suevo===
No [[século VI]] o territorio asturicense está comprendido dentro do [[Reino Suevo]]. O ''[[Parochiale suevorum|]]''Parochiale suevorum'']], un documento que mostra a organización eclesiástica do territorio desa monarquía, menciona a diocese asturicense xunto con outras da Gallaecia. Asigna a Astorga un territorio en parte diferente do que administraría a partir da [[Alta Idade Media]]: ''Ad Asturicensem sedem ipsa Astorica: Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Francelos, Pesicos'', pois inclúe na diocese as igrexas de [[León, España|León]] (''Legio''), [[Zamora]] (''Senimure'') ou mesmo territorios asturianos, como [[Pesgos]] (''Pesicos''). Mais non lle atribúe ningunha igrexa no que hoxe é o territorio histórico da Galiza, pois unha parte están indicados para o bispado de [[Diocese de Ourense|Ourense]], así [[Comarca de Trives|Trives]] (''Teporos'') ou Valdeorras (''Geurros''), á que aínda lle asigna a [[Seabra]] (''Senabria''). O territorio de [[Comarca de Quiroga|Quiroga]] (''Carioca'') está, no Parroquial, asignada a [[Diocese de Lugo|Lugo]].
 
No [[século VIII]], Astorga foi incluída no territorio dominado polos árabes. Houbo que esperar até [[Afonso III de Asturias|Afonso III]] para que pasase de novo a mans cristiáns. Porén o territorio da diocese tardou máis en reorganizarse.
Liña 165:
*[[Marcelo González Martín]] (1960-1966) (foi arcebispo coadxutor de [[Barcelona]])
*[[Antonio Briva Miravent]] (1967-1994)
*[[Camilo Lorenzo Iglesias]] (1995-...)
 
{{Circunscricións católicas en España e Andorra}}
 
[[Categoría:Relixión en progreso]]
{{ORDENAR:Astorga}}
[[Categoría:Relixión en progreso]]
[[Categoría:Dioceses católicas en Galicia|Astorga]]
[[Categoría:Dioceses da Igrexa Católica Latina|Astorga]]
[[Categoría:Divisións territoriais católicas en Castela e León]]
[[Categoría:Astorga|Diocese latina]]
 
{{Relixión en progreso}}