Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 314:
 
=== A República no exilio ===
A '''República Española''' continuou no exilio coas súas institucións que seguían a representar a legalidade da [[Constitución de 1931]] despois da vitoria dos nacionais na [[Guerra Civil española]]. Estas institucións teñen a súa vixencia entre [[1939]] e [[1977]]. A sede do goberno no exilio sitúase primeiro en [[Cidade de México]] para trasladarse o [[8 de febreiro]] de [[1946]] a [[París]], [[Francia]].
 
Por iniciativa da delegación de [[México]] na Conferencia de San Francisco das [[Nacións Unidas]] apóiase unha moción de repulsa ó goberno de [[Franco]] e se lle recoñece ó goberno no exilio a representación de [[España]]. Medida recoñecida pola [[Conferencia de Potsdam]]. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas confirma dita moción en [[febreiro]] de [[1946]] e vota en [[decembro]] do mesmo ano excluír o seu ingreso ó organismo internacional. En [[1950]] o goberno de Franco consigue revocar a prohibición de establecer delegacións diplomáticas para posteriormente ingresar na [[ONU]] como país membro.