Mosteiro de Santa María de Aciveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 63:
A capela maior cúbrese cunha bóveda estrelada de estilo gótico datada no [[século XVI]]. Un arco formeiro moldurado da acceso a esta capela. Dalle luz cinco ventás románicas. Compónse por dúas arcadas de tres arcos. Os capiteis presentan sinxelos motivos vexetais e xeométricos. A bóveda presenta nas súas claves floróns e escudos de diversa tipoloxía. Na clave central destaca o escudo do mosteiro: brazo con manga de cogulla co báculo abacial na man e flanqueado por dúas flores de lís e baixo eles unha mitra e dados.
 
No seu interior está o '''altar maior'''. Retablo é de feitura barroca e componse de tres corpos. No primeiro atopamos a imaxe da Virxe e San Pedro e San Paulo. No segundo, no centro, un calvario e a ámbolos lados [[Bernardo de Claraval|San Bernardo]] e [[Bieito de Nursia|San Bieito]] vestidos con atributos abaciales, atribuidos a '''Ferreiro'''. No terceiro corpo, o superior, a imaxe de San Tomás, segundo patrón da casa, e no centro un gran escudo do mosteiro.
 
Tamén conserva o altar románico. Na mesa do altar consérvase un altorelevo que se lle engadiu de frontal. Probablemente a súa orixe esté no [[século XVI]]. Representa á ''Última Cea'' e na actualidade atópase fragmentada. Semella restos dun antigo retablo ou baldaquino e presenta varias similitudes cunha peza de [[Ribas de Sil]].