Mosteiro de Santa María de Aciveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
→‎A fachada: o cruceiro
Liña 28:
Novos privilexios reais recibiu o mosteiro nos primeiros anos do [[século XIII]]. Deste xeito nestes primeiros tempos do mosteiro os seus bens estendíanse polas actuais provincias de Pontevedra, Ourense, Lugo e León.
 
O rei [[Fernando III de León e Castela|San Fernando]] tamén fixo novas doazóns ao mosteiro. De novo cara ao ano [[1275]] houbo unha doazón real de mans de [[Afonso X o Sabio]], última doazón real coñecida. A partir desta descoñécense novas doazóns rexias, feito motivado pola falta de documentos, perdidos no incendio sofrido polo mosteiro no [[século XVII]] e o saqueo do mosteiro por parte do exército [[Napoleón Bonaparte|napoleónico]] no ano [[1809]].
 
Ao mesmo tempo tamén foi obxecto de importantes doazóns particulares de nobres. Algunhas das mais importantes son a feita por '''Urraca Fernández''', filla de [[Fernando Pérez de Traba]], o [[3 de agosto]] do [[1237]]; a feita por '''Teresa Yáñez de Deza''', muller de [[Alonso Suárez de Deza]], o [[10 de marzo]] de [[1262]] que a mais encomenda ser soterrada no mosteiro; a de '''Bernardo''', bispo de [[Badaxoz]] e que fora coengo de [[Santiago de Compostela|Santiago]], o [[29 de abril]] de [[1306]] que doa bens que tiña en [[Arzúa]]; ou as feitas pola familia dos Churruchaos, como a de '''Aldonza Fernández Churruchao''', nai de [[Afonso Pérez Gallinato]] (o asasino de [[Suero Gómez de Soutomaior]]), que manda ser sepultada no mosteiro ao tempo que lle doa bens, doazón a que seguiron varias dos seus fillos.