Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 100:
O [[24 de marzo]] do [[2009]], o álbum de estrea da banda, ''[[Ten]]'', foi relanzado en catro edicións distintas, contando con extras como a remesturas e a resmasterización de todo o álbum por parte de [[Brendan O'Brien]], un DVD da aparición da banda en [[1992]] no programa ''MTV Unplugged'', e dous LPs do seu concerto do [[20 de setembro]] de [[1992]] no Magnuson Park en [[Seattle]]<ref>http://pearljam.com/music/releases/studio-album/ten-reissue</ref>. Esta foi a primeira das reedición que planexou Pearl Jam, e que incluía todo o seu catálogo, para o seu 20 aniversario no [[2011]]. Un película retrospectiva dirixida por [[Cameron Crowe]] tamén está prevista para o aniversario.
 
Pearl Jam comezou a traballar no seu seguinte traballo a principios do ano [[2008]]. No [[2009]] comezou a construirconstruír temas instrumentais e demos compostas nos meses anteriores. O seu noveno álbum de estudio, ''[[Backspacer]]'', producido por [[Brendan O'Brien]], editouse o [[20 de setembro]] do [[2009]], estreándose no número 1 das listas da Billboard, sendo o primeiro álbum da banda que o facía dende o ''[[No Code]]'' en [[1996]].
 
"[[The Fixer]]" foi escollido como primeiro sinxelo. Realizouse un video dirixido por Cameron Crowe, usando imaxes do seu ''concerto segredo'' celebrado no mes de maio en [[Seattle]]. Pearl Jam non renovara o seu contrato con J Records, e a banda editou o álbum através do seu propio selo, Monkeywrench Records, nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e atravé de Universal Music Group internacionalmente. Pearl Jam conseguíu un contrato coa corporación Target para ser distribuidor exclusivo nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. O álbum tamén foi distribuído através da páxina oficial da banda, en tendas independentes, por vendedores online e iTunes.
 
En agosto do [[2009]] a banda foi cabeza de cartel do ''Virgin Festival'', o ''Outside Lands Music and Arts Festival'' e realizou cinco concertos en [[Europa]] e tres en Norteamérica. No mes de outubro foi a principal atracción do ''Austin City Limits Music Festival'', unha aparición que tivo lugar no medio da parte norteamericana da súa xira de promoción do novo disco, á que lle seguíuseguiu a parte por [[Oceanía]]. No mes de maio do [[2010]] a banda comezou unha xira dun mes polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e en xuño comezaron a súa xira europea.
 
== Membros ==