Lingua estándar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
== Proceso de estandarización ==
O proceso de estandarización require seleccionar certos trazos do [[diasistema]] que se quere estandarizar, segundo a aplicación de criterios restrictivosrestritivos de criba. Tamén requírese da formalización e consensuación de certas formas que poidan ser empregadas como convención que marca os límites do que se considera e o que non se consideran formas da variedade estándar. Algunhas características non excluíntes que adoitan identificar a unha variedade estándar son:
 
* Un [[sistema de escritura]] que fixe as convencións [[ortografía|ortográficas]] que se empregarán para escribir a lingua e fixar formas comúns e estables.
Liña 41:
 
== Características dos estándares ==
Os estándares, como linguas elaboradas, restrinxidas e fixas, non poden considerarse variantes naturais dunha lingua. Ademais, como artificios que son, formados convencionalmente por axentes de planificación lingüística (autoridades lingüísticas: academias -para o galego, a RAG-, ou gramáticos, ortógrafos e lexicógrafos normativistas), non se crean por convención social dunha comunidade de falantes, senón como consecuencia dunha actuación expresa sobre a linguaxe. Como modelos de lingua fixos, teñen unha variación interna mínima e non están suxeitos ás leis naturais do [[cambio lingüístico]]. Para mutar, cómpre que un axente normalizador os modifique expresamente, a miúdo para axeitalos aos cambios que se asentaron na lingua natural ou para axeitalos a novas necesidades políticas, educativas, económicas ou sociais. Como modelos de lingua artificiais e elaborados, apréndense tras longos anos de instrución. Así, '''o estándar do galego non é un dialecto do galego, nin un diasistema. Tampouco é unha norma social ou norma usual,''' entendendo por norma usual o xeito particular do uso da lingua nun determinado grupo, sexa este social, xeográfico ou funcional. Se fose unha norma usual, habería multitude de estándares, dado que a norma usual implica, a dicir de Luís Fernando Lara (''Lingua histórica e normatividad,'', Barcelona, Ariel, 2004) que «Haberá tantas normas como dialectos e sociolectos se poidan identificar. Posto que tales "normas" son falas de certas colectividades socialmente delimitadas, a cada individuo corresponderalle unha "norma" segundo o enfoque dialectal que se lle aplique».
 
Á marxe do estándar ou dos estándares oficiais dunha lingua, os medios de difusión masiva ([[Prensa escrita|prensa]], [[radio (medio de comunicación)|radio]], [[televisión]] e [[editorial|editoriais]]) poden crear os seus propios estándares, de acordo coas súas propias necesidades de comunicación e coas características concretas dos grupos de falantes aos que se dirixen. Estes estándares particulares recóllense nos libros de estilo de cada medio. Nestes estándares poden estar presentes trazos lingüísticos do diasistema que non están recoñecidos no estándar oficial.