Brazil (filme): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
m Arranxos using AWB
Liña 61:
 
== Curiosidades ==
 
 
* A [[distopía]] na que se desenvolve a acción está situada "nalgún lugar do século XX" (''Somewhere in the 20th Century'') e a imaxinería visual mestura elementos de moitas décadas do devandito século, o que contribúe a crear unha atmosfera irreal. Por exemplo: os ordenadores están construídos a partir dunha máquina de escribir, un pequeno tubo de raios catódicos e unha [[lente fresnel]].
 
* Todos os nomes dos lugares son ironicamente idílicos. Así, o protagonista vive nuns enormes bloques grises (pertencentes en realidade a unha cidade francesa) chamados "bloque Flor de Azahar, avenida Verdes Pastos", mentres que Buttle vive nas torres "Shangri-la".
 
* A omnipresente burocracia consome o 26% do [[PIB]], segundo se asegura no noticiario que podemos ver ó principio da película. A maneira máis eficaz de afastar un fontaneiro estatal é solicitarlle un impreso 27B/6.
* A película está salpicada de detalles en segundo e terceiro plano:
 
** Un exemplo: cando a Sam Lowry lle comentan nunha festa que determinada rapaza as ten "máis grandes e de punta", acláranlle posteriormente que a observación se refire ás súas orellas. Pouco despois, noutra escena, podemos ver como a moza, en segundo plano, se deixa examinar as orellas por outro personaxe.
* A película está salpicada de detalles en segundo e terceiro plano:
 
** Un exemplo: cando a Sam Lowry lle comentan nunha festa que determinada rapaza as ten "máis grandes e de punta", acláranlle posteriormente que a observación se refire ás súas orellas. Pouco despois, noutra escena, podemos ver como a moza, en segundo plano, se deixa examinar as orellas por outro personaxe.
 
** Outro exemplo: Cando o protagonista vai visitar a familia do señor Buttle, podemos ver un cartel cunha oferta de vacacións que reza: "Luxo sen medo. Diversión sen sospeita. Reláxese nun ambiente libre de pánico." (''Luxury without Fear. Fun without suspiction. Relax in a Panic-Free Environment'').
 
* O "agasallo para executivos" que aparece varias veces ó longo da película non existe nos comercios e foi creado especialmente para a película.
 
* A escena do tiroteo no vestíbulo do ministerio de "Obtención de Información" é unha homenaxe a [[O acoirazado Potemkin]].
 
 
 
== Influencias ==
O director, [[Terry Gilliam]] referiuse a esta película como a segunda dunha triloxía formada por ''Os bandidos do tempo'' ([[1981]]) e ''As aventuras do Barón Munchausen'' ([[1989]]). As tres películas teñen como tema común a loita pola imaxinación e a liberdade de pensamento nun mundo que se opón ás devanditas ideas.
 
Esta película contén numerosos temas complexos e sutís aderezados cunha mestura de humor cruel e ideas que dificultan un seguimento lineal da trama pero que contribúen a crear un filme rico que pode ser visto en varias ocasións. A película posúe unha importante riqueza visual presentando unha visión inusual do futuro e con imaxes oníricas que admiten diferentes interpretacións.
 
Tamén contén numerosas referencias á serie de televisión británica dos anos sesenta ''The Prisoner'' e á novela de [[George Orwell]] ''[[Mil novecentos oitenta e catro|1984]]''.
 
Na súa estrea a película tivo importantes dificultades en recadación. Con todo, permanece como unha película de culto entre os fans de Gilliam. A edición en VHS da cinta é unha versión máis curta de 131 minutos. A edición en DVD é a mesma que a película orixinal.