Diferenzas entre revisións de «Salamanca»

sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-Róterdan +Rotterdam))
A [[Universidade de Salamanca]], é a [[universidade]], en activo, máis antiga de España, fundada en [[1218]] por [[Afonso IX de León]], e foi a primeira de [[Europa]] que ostentou o título de Universidade polo edicto de [[1253]] de [[Afonso X de Castela e León|Afonso X o Sabio]] e a bula do Papa [[Alexandre IV, papa|Alexandre IV]] en 1255.
 
En [[1988]] a cidade foi declarada [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]]. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a [[Catedral Vella de Salamanca|Catedral Vella]] e a [[Catedral Nova de Salamanca|Nova]], a Casa das Cunchas, a [[Plaza Mayor de Salamanca|Praza Maior]], o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a [[Semana Santa]] en Salamanca está declarada de [[Festa de Interese Turístico Internacional|Interese Turístico Internacional]]. No [[2002]] foi [[Capital Europea da Cultura]]. No [[2005]] acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.
 
Pola súa parte, o sector servizos (co [[turismo cultural]] e a [[Universidade de Salamanca|Universidade]]) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha gran afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o [[lingua castelá|castelán]] e asistir a diversos cursos estivais.
47.689

edicións