Sorbeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Angeldomcer (conversa | contribucións)
→‎Descrición botánica: traio de sorba, para fusionar
Liña 36:
 
As [[folla]]s son alternas, caedizas, imparipinnadas, con 11-21 [[folíolo]]s oblongo-lanceolados, aveludados pola face superior e un chisco amarelentos polo anverso. As [[flor]]es so nde cor branca ou do leite, con cinco [[pétalo]]s, reunidas en [[corimbo]] duns 1,5 centímetros de [[diámetro]]. O [[froito]], a [[sorba]], é un [[Pomo (froito)|pomo]] carnoso, piriforme (semellante ao [[Pereira brava|pero]] bravo) arredondado duns 2,5 centímetros; de novos son verdes mais acadan unha cor encarnada castaña ao chegaren. Rosea na primavera e os froito apáñanse a finais do verán.
 
[[Ficheiro:Sorbus-domestica.jpg|miniatura|Sorbas verdes]]
O froito, chamado sorba, é unha drupa carnosa, piriforme arrondeada de 2,5 cm, semellante á [[pera]], a súa cor ao primeiro é verde pero o madurecer adquiren unha cor acastañada, esta maduración prodúcese ao comezo do outono. Froito comestible, con ela elabórase unha [[fariña]] que se mestura coa dos cereais para darlle sabor.
 
A [[madeira]] é de cor avermellada, densa e dura. É resistente, en comparación con outras [[árbore froiteira|froiteiras]] a pestes e doenzas. Os froitos apañados cómpre sobremaduralos en palla para seren comestíbeis. Empréganse par afacer [[marmelada]]s e algunhas bebidas alcohólicas fermentadas.