Evolución paralela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
Cando dúas especies son similares nun carácter determinado, a evolución defínese como paralela se os antepasados comparten esa semellanza; se non o fan, a evolución dese carácter nesas especies defínese como converxente. Porén, esta distinción non é moi nítida porque as condicións establecidas son en parte unha cuestión de grao; todos os organismos comparten antepasados máis ou menos recentes. En bioloxía evolutiva a cuestión do lonxe que debemos recuar para atopar antepasados similares, e de canta similitude deben ter eses devanceiros para que se considere que tivo lugar unha evolución paralela, non sempre se pode resolver. Algúns científicos argumentaron en consecuencia que as evolucións paralela e a converxente son en certa medida indistinguibles.<ref>{{cite journal|last=ARENDT|first=J|author2=REZNICK, D|title=Convergence and parallelism reconsidered: what have we learned about the genetics of adaptation?|journal=Trends in Ecology & Evolution|date=January 2008|volume=23|issue=1|pages=26–32|doi=10.1016/j.tree.2007.09.011}}</ref> Outros insisten en que na práctica non deberiamos evitar a área gris, porque malia todo aínda segue habendo moitas distincións importantes entre as evolucións paralela e converxente.<ref>{{cite journal|last=Pearce|first=T.|title=Convergence and Parallelism in Evolution: A Neo-Gouldian Account|journal=The British Journal for the Philosophy of Science|date=10 November 2011|volume=63|issue=2|pages=429–448|doi=10.1093/bjps/axr046}}</ref>
 
Cando as formas ancestrais non están especificadas ou non se coñecen, ou a rango dos trazos considerados non se especifica claramente, a distinción entre os dous tipos de evolución fansefaise máis subxectivassubxectiva. Por exemplo, [[Richard Dawkins]] en ''[[The Blind Watchmaker]]'' (O reloxeiro cego) describe a notable semellanza entre as formas dos mamíferos placentarios e marsupiais como o resultado dunha evolución converxente, porque os mamíferos nos seus respectivos continentes ancestrais tiñan unha longa historia evolutiva previa á extinción dos [[dinosauro]]s. Ese período de separación tería permitido a acumulación de moitas diferenzas relevantes. [[Stephen Jay Gould]] adopta unha postura diferente; describe algúns dos mesmos exemplos como que empezaron a partir ndede antepasados comúns de marsupiais e placentarios, e, por tanto, sufriron unha evolución paralela. E certamente, sempre que as semellanzas poden describirse conceptualmente como que evolucionaron a partir dun atributo común que deriva dunha soa liña ancestral remota, pode considerarse lexitimamente como evolución paralela.
 
A diferenza do anterior, cando estruturas bastante diferentes foron claramente transformadas para ter unha similar función e forma, deberemos necesariamente considerar que a evolución foi converxente. Por exemplo, se consideramos o micobio eucariótico ''[[Mixotricha paradoxa]]'', que ensamblou un sistema de ringleiras do que parecen ser [[cilio]]s e [[corpo basal|corpos basais]] que lembran o sistema similar que teñen os [[ciliados]]. Non obstante, cando se inspeccionan detidamente esas estruturas de ''Mixotricha paradoxa'', que parecían ser cilios, vese que en realidade son pequenos microorganismos [[simbiose|simbiontes]], que viven en ''Mixotricha''; aquí non se pode falar en absoluto de evolución paralela. Igualmente, as colas orientadas de forma diferente de [[peixes]] e [[balea]]s derivaron hai un tempo enormemente remoto de devanceiros radicalmente diferentes e calquera semellanza nos descendentes resultantes debeu, por tanto, ter evolucionado converxentemente. Calquera exemplo no que as liñaxes estudadas non evolucionan xuntas ao mesmo tempo e no mesmo [[ecoespazo]] debería describirse como evolución converxente nun certo momento da escala de tempo.