Máquina Enigma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Enigma''' era o nome dunha máquina que dispoñía dun mecanismo de cifrado ''rotatorio'', que permitía usala tanto para [[Criptografía|cifrar]] como para descifrar mensaxes. Varios dos seus modelos foron moi empregados en [[Europa]] dende comezos dos anos 1920.
 
A súa fama débese a ter sido adoptada polas forzas militares de [[Alemaña]] dende [[1930]]. A súa facilidade de manexo e suposta inviolabilidade foron as principais razóns para o seu amplo uso. O seu sistema de cifrado foi finalmente descuberto e a lectura da información que contiñan as mensaxes supostamente protexidos é considerado como unha das causas de ter rematado a [[Segunda Guerra Mundial]] cando menos dous anos antes do que teridotería ocorrido sen o seu descifrado.
 
A máquina equivalente [[Reino Unido|británica]], [[Typex]], e varias estadounidenses, como a [[SIGABA]] (ou M-135-C no exército), eran semellantes a Enigma. A primeira máquina moderna de cifrado rotatorio, de [[Edward Hebern]], era considerablemente menos segura, feito constatado por [[William F. Friedman]] cando foi ofrecida ó goberno dos Estados Unidos.