Motivos personales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-==Reparto== +==Elenco de actores==); cambios estética
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
Liña 28:
 
== Sinopse ==
 
{{Spoiler}}
A historia comeza na festa de conmemoración do 50º aniversario dos Laboratorios Acosta. Todo parece ir ben ata que aparece morta a secretaria do presidente dos laboratorios, estampada contra un teito de cristal dentro do edificio, Mara Yimou. Os indicios en principio indican que o culpable é o marido da xornalista Natalia Nadal, Arturo Acosta. No xuízo é declarado culpable e encerrado en prisión. Natalia descobre grazas a un vídeo, que o xuízo baseouse en probas falsas e vai comunicarllo ao seu marido ao cárcere. Alí danlle unha noticia: o seu marido suicidouse. A partir deste momento, Natalia empeza a investigar xunto á súa amiga Virginia, a avogada dos laboratorios, e xuntas ven envolvidas nunha complicada rede de segredos e crimes. As causas das mortes remóntanse moitos anos atrás e son froito dunha fría vinganza contra Natalia.