Psiquiatría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A '''psiquiatría''' é unha especialidade médica que investiga e trata os transtornos mentais. Ademais dos aspectos médicos considera tamén os factores [[bioloxía|bio...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2007 ás 17:39

A psiquiatría é unha especialidade médica que investiga e trata os transtornos mentais. Ademais dos aspectos médicos considera tamén os factores biolóxicos e psicolóxicos e tamén os socio-culturais e antropolóxicos. O tratamento destes transtornos adopta con frecuencia a indicación de psicofármacos, mais tamén a indicación de psicoterapia de variadas formas. Os transtornos psiquiátricos descríbense polas súa características patolóxicas.

O estudo obxectivo e rigoroso dos problemas mentais é relativamente novo, inda no século XIX os enfermos mentais quedaban recluídos en asilos onde recibían tratamentos morais coa fin de diminuír a súa confusión mental e retituír a razón. No século XIX xurdiu pola primeira vez o concepto de enfermidade mental. En 1896 Emil Kraepelin deseñou un sistema de identificación e clasificicación dos problemas mentais que se convertiría na base dos estudos psiquiátricos modernos.