Kareem Abdul-Jabbar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 48:
== Traxectoria deportiva ==
=== High School ===
Abdul-Jabbar naceu como Ferdinand Lewis Alcindor Jr. en [[Nova York]], dous anos despois de terminar a [[Segunda Guerra Mundial]]. Era o único fillo dunha protectora nai, Cora, e un estrito pai, Ferdinand. Ao nacer pesou case 6 quilos e medía 57 centímetros.<ref name="neno">[http://www.aaregistry.com/african_american_history/2507/Mr_Basketball_and_much_more_Kareem_AbdulJabbar Mr. Basketball and much more, Kareem Abdul-Jabbar!]</ref> A estatura dos seus pais non facía prever o crecemento do mozo Lew (medían 1,91 e 1,78 metros respectivamente). Con 9 anos xa medía 1,75 e aos 14 creceu até os 2,03 metros, polo que xa podía machucar a canastra.<ref name="neno" /> Creceu cunha educación católica e conseguiu os seus primeiros éxitos co seu instituto. Era de longo o mozo máis alto da súa clase en [[Harlem]], polo que era visto como un tipo raro entre os seus compañeiros de colexio. Tras dominar o baloncesto escolar de [[Nova York]] no agora defunto Power Memorial, co que conseguiu tres campionatos consecutivos, 71 vitorias seguidas e unha marca global de 96-6, anotando 2.067 puntos e capturando 2.002 rebotes (ambos os records do [[estado de Nova York]]),<ref name="neno" /> enrolouse en [[Universidade de California|UCLA]] onde xogou para os [[UCLA Bruins|Bruins]] de [[John Wooden]].<ref name="bio" />
 
=== Universidade ===
Liña 70:
==== Milwaukee Bucks ====
[[Ficheiro:Lew Alcindor Kareem Abdul-Jabbar UCLA.jpg|miniatura|Lew Alcindor (Abdul-Jabbar) con [[UCLA Bruins|UCLA]].]]
[[Milwaukee Bucks]] estaba só na súa segunda tempada na liga cando elixiron a Alcindor como primeira elección do [[Draft da NBA]] en [[1969]] (a primeira tempada dos Bucks fora para esquecer, cunha marca de 27-55 e logrando a primeira selección do draft nun sorteo a cara ou cruz con [[Phoenix Suns]]). Era o momento de que un novo pivote dominase a liga. [[Bill Russell]] acababa de abandonar [[Boston Celtics]], e [[Wilt Chamberlain]], aínda que en activo, tiña case 35 anos. Os [[Harlem Globetrotters]] ofrecéronlle un contrato dun millón de dólares para que se unise a eles, pero declinou a oferta e enrolouse cos Bucks.<ref name="biostarpuse">[http://www.starpulse.com/athletes/abdul-Jabbar,_Kareem/Biography/ Kareem Abdul-Jabbar Biography]</ref> Con Alcindor a bordo, na tempada [[1969]]-[[1970|70]], os Bucks acadaron a segunda praza da [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]] cunha marca de 56-26.<ref>[http://www.basketball-reference.com/leagues/nba_1970.html 1969-70 NBA Season Summary]</ref> Alcindor tivo un impacto estelar inmediato na liga, terminando segundo entre os anotadores con 28,8 puntos por partido e terceiro en rebotes con 14,5. Ese ano gañou con comodidade o premio de [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]].<ref>[http://www.nba.com/history/awards/19691970.html Postseason Awards - 1969-70]</ref> Durante a postemporada os Bucks conseguiron o seu billete cara ao título; a base-escolta de 31 anos [[Oscar Robertson]] chegou procedente de [[Cincinnati Royals]]. Co apoio de Bobby Dandridge, Jon McGlocklin, Greg Smith, e o mozo Lucius Allen, Milwaukee logrou unha marca de 66 vitorias en [[1970]]-[[1971|71]], marca da franquía, incluíndo unha marca de vinte vitorias consecutivas. Alcindor gañou o seu primeiro premio de [[MVP da Tempada da NBA|MVP da Tempada]] e o seu primeiro título de máximo anotador con 31,7 puntos por partido mentres terminaba cuarto en rebotes con 16. Milwaukee conseguiu un 12-2 en playoff e varreu aos [[Baltimore Bullets]] nas segundas finais da NBA na historia que terminaban cun 4-0. Alcindor foi nomeado tamén [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]].<ref>[http://www.nba.com/history/awards/19701971.html Postseason Awards - 1970-71]</ref>
 
Antes da tempada [[1971]]-[[1972|72]], Alcindor converteuse do [[Catolicismo]] ao [[Islam]] e adoptou o nome de Kareem Abdul-Jabbar, que significa "nobre e poderoso servente".<ref name="biostarpuse" /> Foi convertido por Khalifah Hamaas Abdul Khaalis, antigo líder da [[Nación do Islam]]. Detalla o proceso da súa conversión na súa autobiografía "Giant Steps" (Pasos de Xigante). En [[1971]]-[[1972|72]] repetiu como máximo anotador (34,8 puntos) e [[MVP da NBA]], e os Bucks repetiron como líderes de división por segunda vez no que serían catro anos consecutivos. En [[1973]]-[[1974|74]] Abdul-Jabbar gañou o seu terceiro premio [[MVP NBA|MVP]] no seu quinto ano na liga e colocouse entre os cinco mellores en catro categorías: anotación (27,0 puntos, terceiro), rebote (14,5 rebotes, cuarto), tapóns (283, segundo) e porcentaxe de tiro de campo (.539, segundo). Milwaukee volveu ás [[Finais da NBA]] en [[1974]] pero caeu contra [[Boston Celtics]] (hai que lembrar que en [[1974]] Milwaukee pertencía á [[Conferencia Oeste]]), que estaban liderados polo pivote [[Dave Cowens]] e un grupo de xogadores na liña exterior que demostraron ser demasiado rápidos para o veterano Robertson, xa con 35 anos. "Big O" (alcume de [[Oscar Robertson]]) retirouse tras os playoffs, concluíndo a racha de vitorias de división dos Bucks. O equipo caeu ao último lugar en [[1974]]-[[1975|75]] cunha marca de 38-44.<ref>[http://www.basketball-reference.com/leagues/nba_1975.html 1974-75 NBA Season Summary]</ref>
Liña 186:
 
{{ORDENAR:Abdul Jabbar, Kareem}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]