Elvira Ribeiro Tobío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 23:
Naceu no lugar do Cunchido, na pontevedresa parroquia de [[Cerponzóns, Pontevedra|Cerponzóns]], aínda que pasou case toda a súa infancia e mocidade na casa familiar do lugar de [[Guxilde, Alba, Pontevedra|Guxilde]], na freguesía de [[Alba, Pontevedra|Alba]], tamén pertencente ao municipio de Pontevedra. Criada nunha familia de extracción humilde, é diplomada en Maxisterio pola [[Universidade de Vigo]] e licenciada en [[Filoloxía]] galego-portuguesa pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Foi, ademais, bolseira do [[Instituto Camões]] na [[Universidade Nova de Lisboa]] e, a seguir, bolseira na [[Universidade de Coímbra]]. En 1999 fórmase en olería e cerámica da man da ceramista Berta Pazos, o que a leva a dedicarse en parte a esta arte. Ten traballado fundamentalmente como docente de lingua, cultura e literatura galegas no ensino medio e na Universidade de Vigo, así como na formación de persoas adultas. Dedícase igualmente á tradución e á elaboración de materiais didácticos, alén de impartir obradoiros de creación literaria<ref>{{Cita web|url = http://enredandoversos.blogspot.com.es/2014/06/obradoiro-de-poesia-visual-con-elvira.html|páxina-web = |título = Obradoiro de poesía visual con Elvira Ribeiro|data-acceso = }}</ref> e animación á lectura<ref>{{Cita web|url = http://espazolectura.blogspot.com.es/2009/12/maga-das-palabras-elvira-riveiro-estara.html|páxina-web = |título = "Palabras brancas" no club de lectura Lendo Contigo|data-acceso = }}</ref>. O seu labor no ámbito da literatura levouna ás universidades de Tübingen e Heilderberg (Alemaña), á Universidade de Zadar (Croacia), ou á Universitat de les Illes Balears<ref>{{Cita web|url = http://www.uib.cat/catedra/camv/pec/conpoecontemp.html|páxina-web = |título = Congrés internacional La poesia en la contemporaneïtat|data-acceso = }}</ref>. Tras unha etapa de tres anos na Corga de Arriba ([[Cequeril, Cuntis|Cequeril]], [[Cuntis]]), desde o ano 2012 reside en [[Vigo]].
 
== Traxectoria ==
Comeza a difundir a súa obra poética a través de publicacións colectivas e por internet a partir dos primeiros anos do século XXI. En 2005 publica en papel dous libros da súa autoría: ''[http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idEdicion=988&pag1=3&idMenu=86&idNoticia=336645 Andar ao leu]'' (Colección Tambo da Deputación de Pontevedra, a cargo de [[Luís Rei Núñez]]) e ''[http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1228/ Arxilosa]'' (Colección Hipocampo Amigo da editorial Litoral das Rías, ao coidado do histórico editor [[Sabino Torres]]). Nesta última obra inclúense os poemas que foran premiados en 2003 no certame Rosalía de Castro da asociación homónima de Cornellà (Barcelona). En 2004 recibe un accésit no [[Premio Faustino Rey Romero]] de Isorna (Rianxo) por ''12 estampas sobre a cidade e o desexo'', que sairá publicado algún tempo despois nun volume que recolle as obras galardoadas neste certame. Finalista do [[Premio Merlín]] de literatura infantil en 2007 por ''[http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=1703540&id_sello_editorial_web=13 pAlAbrAs brAncAs]'', este conxunto de versos monovocálicos recibe o premio [[Xosé Neira Vilas]] da [[Asociación Galega de Editores]] á mellor edición infanto-xuvenil do ano 2008<ref>{{Cita web|url = http://www.galiciahoxe.com/index.php?idMenu=11&idNoticia=377562&idEdicion=1103|páxina-web = |título = Noite da edición 2008|data-acceso = }}</ref>. No 2009 recolle o premio [[Victoriano Taibo]] de poesía convocado pola entidade menor de Morgadáns e o Concello de [[Gondomar]]. A obra galardoada é ''[http://culturagalega.gal/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1792 Biografía da Multitude]'', escrita a dúas mans en colaboración coa poeta viguesa [[Silvia Penas]] e que edita o [[Instituto de Estudos Miñoranos]] ese mesmo ano. No ano 2010 sae no número 186 da revista [[Grial (revista)|Grial]] o micro-poemario ''Siberia, mon amour'', oito textos arredor do exilio e o regreso. En [[2011]] gaña a sexta edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario ''[http://armandorequeixo.blogaliza.org/2013/03/25/poesia-tribadista/ carnia haikai]''<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/11/14/0003_201111C14C2993.htm «Carnia Haikai» faise co certame Illas Sisargas]</ref>, onde indaga na forma oriental do haicu. ''Corpos transitivos''<ref>{{Cita web|url = http://culturagalega.gal/noticia.php?id=23223|páxina-web = |título = Elvira Riveiro gaña o Avelina Valladares|data-acceso = }}</ref><ref>{{Cita web|url = http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-04-10-2013-674281|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro escribe contra a esperanza en "Corpos transitivos", o poemario co que gañou o Avelina Valladares|data-acceso = }}</ref> é o seu seguinte libro, galardoado nesta ocasión co premio [[Avelina Valladares]] do Concello d[[A Estrada, A Estrada|a Estrada]] en 2013 e que sae á luz no mesmo ano en [[Edicións Fervenza]]. En 2014 publica o álbum ilustrado ''[http://blog.xerais.gal/2014/novidade-as-redes-de-ines-de-elvira-riveiro-tobio-autora-fino-lorenzo-poesia-infantil-en-formato-album/ As redes de Inés]'', que é escollido polos/as lectores/as de ''[[Premios Fervenzas Literarias|Fervenzas literarias]]'' entre os mellores libros de literatura infantil do ano. En [[2015]] recibe o IV certame de poesía [[Manuel Leiras Pulpeiro]] do Concello de [[Mondoñedo, Mondoñedo|Mondoñedo]] con ''Playlist para unha retirada''<ref>{{Cita web|url = http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=1951&tipo=8&nivel=1400&layout=p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp&codResi=5&language=gl&level=1|páxina-web = |título = "Playlist para unha retirada" na web do concello de Mondoñedo|data-acceso = 19/11/2015}}</ref>.
 
Liña 32:
Pertence á [[Asociación de Escritores en Lingua Galega|AELG]] e adoita participar en recitais<ref>{{Cita web|url = http://montsedopico.com/review/picaversos-xunta-berta-davila-elvira-riveiro-e-grampoder/|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro no Picaversos|data-acceso = }}</ref><ref>{{Cita web|url = https://picaversos.wordpress.com/2014/03/19/convocamos-aos-perdidos/|páxina-web = |título = Picaversos - a perda|data-acceso = }}</ref> e festivais poéticos<ref>{{Cita web|url = http://www.pazodacultura.org/es-ES/actividades/ponte-poetica-4--festival-de-poesia-.aspx|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro no cartel do Festival Pontepoética|data-acceso = }}</ref>, especialmente dentro do territorio galego<ref>{{Cita web|url = http://www.berenguela.com/festival-da-poesia-no-condado-2013-desobedencia/2013-08-21|páxina-web = |título = XXVII Festival da Poesía no Condado|data-acceso = }}</ref><ref>{{Cita web|url = http://play.tojsiab.com/THFzVTgxdzRFd1kz|páxina-web = |título = Elvira Ribeiro recita no XXI Festival da Poesía no Condado|data-acceso = }}</ref>.
 
== Obras ==
=== Poesía ===
* ''Andar ao leu'' (Colección Tambo, [[Deputación de Pontevedra]], [[2005]]).
* ''Arxilosa'' (Colección Hipocampo Amigo, Litoral das Rías, 2005).
* ''12 estampas sobre a cidade e o desexo'' (en ''Premio Faustino Rey Romero. 10 anos de poesía'', Concello de Rianxo, 2008)
* ''Biografía da Multitude'' (IEM, 2009, escrito xunto con Silvia Penas)
* ''Sibeira, mon amour'' (en Grial nº 186, 2010)
* ''carnia haikai'' (A. C. Caldeirón, [[2012]]).
* ''corpos transitivos'' (Edicións Fervenza, [[2013]]).
* ''playlist para unha retirada'' (pendente de publicación).
 
=== Literatura infanto-xuvenil ===
* ''pAlAbrAs brAncAs'' ([[Xerais]], [[2008]]). Con ilustracións de [[Fino Lorenzo]].
* ''As redes de Inés'' (Xerais, [[2014]]). Con ilustracións de Fino Lorenzo.
 
=== Ensaio ===
* ''Descubrir Pontevedra'' ([[Edicións do Cumio]], 2008).
 
=== Narrativa ===
* Selección de [http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/elvira-riveiro/obra/3049/relatos-varios relatos publicados na páxina da AELG]
 
=== Antoloxías ===
Liña 62:
* 10 anos na porta (antoloxía d'A Porta Verde do Sétimo Andar, 2015)
 
=== Obras colectivas ===
* ''Relatos de verán 2001'' (Ir Indo, 2001)
* ''Relatos de verán 2002'' (Ir Indo, 2002)
* ''Sempre Mar. Cultura contra a Burla Negra'', ([[2003]])
* ''Poetas na rúa 2003'' (Concello de Poio, 2003)
* ''Os gozos e as sombras. 10+10 novas visións'' (Deputación de Pontevedra, 2005)
* ''Poética da casa'' ([[Xunta de Galicia]], [[2006]])
* ''Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo'' (Difusora, 2006)
* ''Homenaxe dos poetas galegos a Federixo García Lorca contra a súa morte (''Pen Clube de Galicia/Foro pola Memoria Republicana de Galicia, 2006)
* ''Os Dias Da Criação'' (Incomunidade, 2006)
* ''[[Bernardino Graña]]. Homenaxe no 75 aniversario'' ([[Xerais]], [[2007]])
* ''A porta verde do sétimo andar'' (A porta verde do sétimo andar, 2007)
* ''Traslatio literaria e xacobea'' (Imagine Eds, 2007)
* ''Poetas na rúa 2007'' (Concello de Poio, 2007)
* ''Letras novas'' ([[Asociación de Escritores en Lingua Galega]], [[2008]])
* ''Premio Faustino Rei Romero''. ''10 anos de poesía'' (Concello de Rianxo, 2008)
* ''O segredo da lanterna verde'' ([[Xunta de Galicia]], 2009). Con [[Mar Guerra]], [[Antón Fortes Torres]] e [[Xelís de Toro]]
* ''Poetas con Rosalía V'' (Fundación Rosalía de Castro, 2010)
* ''Urbano. Homenaxe a [[ Urbano Lugrís González|Urbano Lugrís]]'' ([http://anavedasideas.blogaliza.org/files/2011/12/URBANO.pdf A Nave das Ideas], [[2011]])
* ''Dairas'' (IES Manuel García Barros, A Estrada, 2011)
* ''Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de [[Corcoesto, Cabana de Bergantiños|Corcoesto]]'' (A. C. Caldeirón, [[2013]])
* ''De Cantares Hoxe. Os [[Cantares Gallegos]] de Rosalía de Castro no século XXI'' ([[Fundación Rosalía de Castro]]/[[Radio Galega]], [[2015]])
* ''Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros'' (Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015)
* ''Dez anos na Porta'' (A porta verde do sétimo andar, 2015)
 
== Vídeocreación ==
* ''A máis fermosa do país'', 2011. En colaboración coa dj [[Carina Posse]] e [[Sara Riveiro|Sara Ribeiro]].
 
== Premios ==
[[Ficheiro:Elvira Riveiro (AELG)-2.jpg|miniatura|Elvira Riveiro.]]
* Premio Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) en [[2003]], por ''Arxilosa''.
* Accésit no Premio [[Premio Faustino Rey Romero|Faustino Rey Romero]] ([[Rianxo]]) en [[2004]], por ''12 estampas sobre a cidade e o desexo''.
* Finalista do [[Premio Merlín]] en 2007, por ''pAlAbrAs brAncAs''.
* Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil en 2008, por ''pAlAbrAs brAncAs''.
* [[Premio de poesía Victoriano Taibo]] en 2009, por ''Biografía da Multitude'', escrito con [[Silvia Penas]].
* Certame de poesía erótica ''Illas Sisargas'' en 2011, por ''carnia haikai''.
* [[Premio de poesía Avelina Valladares]] do Concello da [[A Estrada, A Estrada|Estrada]] en [[2013]], por ''corpos transitivos''.
* [[Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro]] do [[Concello de Mondoñedo]] en [[2015]], por ''playlist para unha retirada''.
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ElvRivei1&alias=Elvira+Riveiro+Tob%EDo Autobiografía na BVG]
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor304 Ficha da autora] na [[AELG]]
* [http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100025839 Ficha da autora en Xerais]
* [https://www.facebook.com/Elvira-Ribeiro-Tob%C3%ADo-826547014076081/ Páxina da escritora en facebook]
* [http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2015/01/04/elvira-ribeiro-tobio/ Elvira Ribeiro n'As escollas electivas]
* [https://cadernodacritica.wordpress.com/2014/03/30/cuestionario-proust-elvira-riveiro-tobio/ Elvira Ribeiro responde ao Cuestionario Proust de Ramón Nicolás]
* [http://www.poesiagalega.org/uploads/media/2010_festival_condado.pdf XXIV Festival de Poesía no Condado, con textos de Elvira Ribeiro]
* [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/2014/04/a-luz-das-palabras-40-elvira-riveiro.html Elvira Ribeiro no blog de Antonio García Teijeiro]
* [https://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=CorunaPortal/Page/Generico-Page-Generica&cid=1422411504451&argIdioma=es&itemID=1390443142242&itemType=Suceso Merja Virolainen e Elvira Ribeiro no ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña]
* [http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-07-05-2013-581583 Recitado para o Diario Cultural da Radio Galega]
 
{{ORDENAR:Riveiro Tobio, Elvira}}
 
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]