Follas novas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
'''''Follas novas''''' é un poemario en [[lingua galega]] de [[Rosalía de Castro]], publicado en [[1880]].

Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de ''[[Cantares gallegos]]'': O 50% dos poemas de ''Follas novas'' teñen afinidade co texto publicado en [[1863]], mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito [[poesía|poético]] motivado polo [[emigración|afastamento da terra]], as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha [[poética]] que afonda nos sentimentos, na [[saudade]] e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser:

::::''En todo estás e ti es todo''

::::''pra min e en min mesma moras,''

::::''nin me abandonarás nunca,''

::::''sombra que sempre me asombras.''

== Estrutura ==
É unha compilación de poemas ordenados sen un criterio claro. O libro preséntasenos estruturado en cinco seccións:

:* Vaguedás.

:* Do íntimo.

:* Varia.

:* Da terra.

:* As viúdas dos vivos e dos mortos.

Liña 53:
Os textos subxectivos de ''Follas novas'' poderían pertencer á escola xermánica (composicións breves, de estilo sinxelo, espontáneas, impresionistas, intimistas e suxerentes), da cal é representante [[Gustavo Adolfo Bécquer|Bécquer]]. Mais a lírica de Rosalía é diferente da becqueriana, Rosalía afástase do [[sentimentalismo]] para facilitarnos, mediante a introspección, a súa vida radical, angustiada e pesimista; a procura do sentido da existencia.

''Vaguedás ''vén ser unha "Arte poética" relativa ós vencellos entre poesía e vida:

::::''Follas novas, risa dáme''

::::''ese nome que levás,''

::::''Non "follas novas"; ramallo''

::::''de toxos e silvas sós:''

::::''irta, como as miñas penas;''

::::''feras como a miña dor.''

::::''Sen ulido nin frescura,''

::::''bravas magoás e ferís...''

En ''Do íntimo'' e nos poemas subxectivos de ''Varia'' predomina a saudade e a alienación:

::::''...xa non sentín máis tormentos''

::::''nin soupen qué era delor;''

::::''soupen só que non sei qué me faltaba''

::::''en donde o cravo faltou,''

::::''e seica, seica tiven soidades''

::::''daquela pena... ¡Bon Dios!''

Liña 89:
:::''...aquelas outras que [...] espresan as tribulaciós dos que, uns tras outros, e de distintos modos, vin durante largo tempo sofrir ó meu arredore. E ¡sófrese tanto nesta querida terra galega! Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe ós nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente de traballo no noso país.''

Era unha ousadía dicir isto en [[1880]]. E inda máis se pensamos que o contido deste prólogo (no seguinte apartado extraemos un anaco) perfila o problema social de Galicia que Rosalía consideraba máis grave: a emigración.

=== Libro IV: ''D'a terra'' ===
Liña 120:

== Significación ==
A pesar de ser ''Follas novas'' unha obra de inaudito valor literario e humano, o verdadeiramente insólito é que Rosalía compuxese os seus sentimentos e reflexións sociais nunha lingua tida por [[dialecto|dialectal]], por flagrante exemplo da incultura dun pobo. Se Rosalía consagrara en ''Cantares gallegos'' o galego para a lírica popular, elabora neste poemario unha poesía universal, sen fronteiras, pero galega, e na lingua dun país daquela recóndito. [[Carvalho Calero]], en ''Historia da literatura galega contemporánea'' (p.  145), di:

::::''[Con Rosalía] a viabilidade da poesía galega ficaba experimentalmente demostrada [...] é Rosalía a figura máis representativa da nosa literatura''.