Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 107:
 
== Testemuñas estranxeiras ==
A pesares da negación das autoridades turcas, centos de testemuñas, incluíndo o neutral [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e os aliados do [[Imperio Otomán]], [[Alemaña]] e o [[Imperio Austro-húngaro]], rexistraron e documentaron numerosos actos de masacre perpetrados polo estado, engadindo peso ós argumentos da existencia do xenocidio.
 
=== A misión dos EEUU no Imperio Otomán ===
Liña 114:
A través do [[Imperio Otomán]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] estableceran consulados en [[Adrianópole]], [[Karput]], [[Samsun]], [[Esmirna]], [[Trebisonda]], [[Van, Turquía|Van]], así como un na cidade siria de [[Alepo]]. A misión do departamento de estado foi dirixida nese entón polo embaixador [[Henry Morgenthau]] en Constantinopla. Os Estados Unidos foron oficialmente neutrais na guerra até que entraron do bando dos aliados en [[1917]]. Mentres as ordes das deportacións e dos masacres eran decretadas, moitos funcionarios consulares divulgaron ó embaixador o que eles testemuñaban. Unha documentación chegou en [[setembro]] de [[1915]] polo cónsul americano en [[Karput]], Leslie A. Davis que describía o seu descubrimento dos corpos de case 10.000 armenios tirados en varios barrancos preto do lago Göeljuk, despois referida como a "provincia do matanza"<ref>Balakian. ''Burning Tigris'', pp. 244–245, 314</ref>
 
Reportaxes similares pronto comezaron a chegar a [[Henry Morgenthau]] dende [[Alepo]] e [[Van, Turquía|Van]], polo que comezou a celebrar reunións ocasionais con Talat e Enver. Como el mostroulle as testemuñas dos consulados, ambos xustificaron as deportacións como necesarias para a causa da guerra. Morgenthau porén disputaría as súas explicacións nas súas lembranzas como escusas evocadas polos líderes do CUP.<ref>Nas súas lembranzas, Morgenthau observou "cando as autoridades turcas deron as ordes para estas deportacións, eles daban simplemente a autorización de morte a unha raza enteira; entendíano ben, e, nas súas conversacións comigo, non fixeron ningunha tentativa de cubrir tal feito. Son confidente que a historia enteira da raza humana non contén ningún episodio tan horrible como este. As grandes matanzas e persecucións do pasado parecen case insignificantes cando se comparan ós sufrimentos da raza armenia en 1915."</ref>
 
Ademais dos consulados, había tamén misioneiros protestantes establecidos en rexións poboadas armenias, como Van e Karput. Moitos dos misioneiros describiron os brutais métodos empregados polas forzas turcas e documentaron numerosas atrocidades realizadas por eles.
Liña 123:
Ademais da campaña de Gallipoli, na fronte do [[Oriente Medio]], os militares británicos estaban ocupados loitando contra as forzas otomás no sur de [[Siria]] e [[Mesopotamia]]. A través da loita, os británicos documentaron e confirmaron o que xa relataran os cónsules e misioneiros estadounidenses. O diplomático británico e despois "Secretario Oriental" de [[Bagdad]], [[Gertrude Bell]] arquivou as seguintes declaracións tomadas do relatorio dun soldado otomán capturado:
 
{{Cita|''O batallón deixou Alepo o 3 de febreiro e alcanzou [[Ras al-Ain]] en doce horas. Aproximadamente 12.000 armenios concentrábanse baixo a tutela dalgúns centos de curdos. Estes curdos eran chamados xendarmes, mais eran meros carniceiros; publicamente ordenaron enviar grupos de armenios, de ámbolos sexos, a varios destinos, pero tiñan instrucións secretas de eliminar ós homes, nenos e mulleres maiores. Un deses xendarmes confesou ter asasinado a 100 homes armenios el só. As covas e lugares baleiros do deserto estaban cheos de corpos... Ningún home poderá pensar no corpo dunha muller pola atracción, senón horrorizado, despois de Ras al-Ain.{{cómpre referencia}}}}
 
Reaccionando ós numerosos relatos de testemuñas, o político británico [[Viscount Bryce|Viscount James Bryce]] e o historiador [[Arnold J. Toynbee]] compilaron declaracións de supervivintes e testemuñas de outros países, como [[Alemaña]], [[Italia]], os [[Países Baixos]], [[Suecia]], e [[Suíza]] que de modo semellante atestiguaron os deliberados masacres de armenios polas forzas do goberno otomán. En [[1916]], publicaron ''The Treatment of Armenians in the Ottoman Empire, 1915-1916''. Aínda que o libro foi criticado como propaganda británica de guerra para crear un sentimento contra as potencias centrais, Bryce tiña sometido o traballo a eruditos antes da súa publicación.
Liña 148:
== Sucesos posteriores ==
 
=== Xuízo dos Unionistas, Constantinopla, [[1919]]. ===
 
Os principais responsables do xenocidio foron condeados a morte ''in absentia'', xa que tiñan fuxido en [[1918]], destruíndo a meirande parte dos documentos incriminatorios.
Liña 163:
O mandato de execución das disposicións relativas á Répública Armenia foi confiado ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Ó seu retorno, o presidente [[Woodrow Wilson]] atopouse a oposición dunha maioría de senadores que, baixo o impulso do senador Cabot Lodge, rexeitaron a ratificación do Tratado de Sèvres e por tanto, o mandato americano sobre [[Armenia]].
 
=== Proceso Tehlirian, [[1921]] ===
 
O [[15 de marzo]] de [[1921]], [[Talat Paşa]], o que deu a orde da exterminación dos Armenios, é abatido por unha bala de revolver nunha rúa berlinesa.
Liña 175:
== A posición de Turquía ==
 
A [[República de Turquía]] non acepta que as mortes de armenios durante a "evacuación" ou "[[deportación]]" (Turquía emprega a verba "[[recolocación]]") sexan o resultado da intencionalidade das autoridades otomás (ou dos responsables durante a guerra) para eliminar en toda ou en parte ós cidadáns armenios indiscriminadamente.
 
En marzo de [[2005]], o primeiro ministro turco [[Recep Tayyip Erdoğan]] invitou a historiadores turcos, armenios e do resto do globo para formar unha comisión para establecer os acontecementos de 1915. A oferta foi rexeitada por [[Armenia]] e o seu ministro de exteriores remarcou que "Os historiadores xa teñen dito a súa opinión e determinar esta atitude está agora baixo o poder de Turquía."<ref>[http://www.asbarez.com/aol/2005/050310.htm - Reuters - "Armenia Rejects Turkish Proposal for Genocide Study"]</ref>
Liña 224:
A pesar de que hai moito recoñecemento académico do Xenocidio Armenio, isto non ten sido seguido pola maioría dos gobernos e medios de comunicación. Moitos gobernos, incluíndo os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]], [[Israel]], [[Ucraína]], e [[Xeorxia]], non empregan oficialmente a verba "xenocidio" para describir estes feitos.
 
A pesar de que non hai un recoñecemento federal do xenocidio armenio, 39 dos 50 estados de EEUU recoñecen os feitos de entre [[1915]] e [[1917]] como xenocidio.
 
Nos anos recentes, os parlamentos dalgúns países cunha forte inmigración armenia teñen recoñecido oficialmente o xenocidio. Dous exemplos recentes son [[Francia]] e [[Suíza]]. Os contactos de Turquía para entrar na [[Unión Europea]] coincidiron cun número de chamamentos para considerar ó suceso como xenocidio, aínda que isto nunca se converteu nunha condición previa.
Liña 255:
O compositor e cantante americano [[Daniel Decker]] levou a aclamación da crítica polas súas colaboracións co compositor armenio [[Ara Gevorgian]]. A canción "Adana", que debe o seu nome ó lugar onde ocorreu un dos primeiros masacres, conta a historia do Xenocidio armenio. Decker escribiu a letra da canción para complementar á música de Ara Gevorgian. [[Cross Rhythms]], a principal revista europea sobre relixión, xunto coa súa web, dixeron de "Adana": "raras veces un desastre de indecible sufrimento produciu un pedazo tan magnífico de arte." El foi oficialmente invitado polo goberno armenio para cantar "Adana" nun concerto especial en [[Iereván]] o [[24 de abril]] de [[2005]] para conmemorar o nonaxésimo aniversario do Xenocidio armenio. Na actualidade, "Adana" foi traducida a 17 linguas e interpretada por cantantes de todo o mundo. O tema do Xenocidio armenio é tocado tamén pola literatura e o cinema. É o tema principal do filme de [[Atom Egoyan]] ''[[Ararat (filme)|Ararat]]'' ([[2002]]). Tamén fanse referencias en ''America, America'' de [[Elia Kazan]] ou en ''Mayrig'' de [[Henri Verneuil]]. Os directores italianos, [[Irmáns Taviani|Vittorio e Paolo Taviani]], dirixiron un filme do xenocidio baseado nun libro chamado ''La Masseria Delle Allodole'', de Antonia Arslan. O primeiro filme sobre o Xenocidio armenio foi ''Ravished Armenia'' ([[1919]]), do que tan só quedan 15 minutos a día de hoxe.
 
Na literatura, a peza máis famosa referente ó Xenocidio armenio é ''Forty days of Musa Dagh'' de Franz Werfel, publicado en [[1933]] e e posteriormente marcado como "indesexable" polas autoridades nazis. O libro tornouse un bestseller e o estudo MGM quixo facer o filme de ''Forty days of Musa Dagh'', pero esta tentativa foi eliminada con éxito por [[Turquía]] (dúas veces). O filme foi finalmente feito en [[1982]], pero o seu valor artístico é cuestionable. [[Kurt Vonnegut]] escribiu libro de ficción ''[[Bluebeard (libro)|Bluebeard]]'' en [[1988]], no que o Xenocidio armenio é o principal tema. Louis de Berniéres emprega o tempo e o lugar do Xenocidio armenio como fondo na súa novela ''Birds without Wings'', que é considerado por algúns como favorable ás posicións turcas.
 
Segundo se refire na parte final do [[filme]] ''[[La vida secreta de las palabras]]'' de [[Isabel Coixet]], [[Adolf Hitler]] usou o xenocidio armenio coma argumento para xustificar o [[holocausto xudeu]] co seguinte razoamento: "Se tras mataren un millón de armenios pasou unha década e ninguén se lembra xa agora diso, nós podemos facer o mesmo cos xudeus porque acontecerá o mesmo", que é unha conclusión de "a historia a escriben os vencedores", asumindo que Hitler pensaba gañar a [[II Guerra Mundial]]. No filme, a conversa transcorre nun arquivo en [[Dinamarca]] onde se recollen precisamente probas de atrocidades producidas nas [[guerra]]s de todo o mundo.
Liña 288:
* Dadrian, Vahakn, N., The History of the Armenian Genocide: Ethnic Conflict from the Balkans to Anatolia to the Caucasus, Berghahn Books, 1995
* Dündar, Fuat, Ittihat ve Terakki'nin Müslümanlari Iskan Politikasi (1913-18), Iletisim, 2001
* [[Robert Fisk|Fisk, Robert]], The First Holocaust. In ''The Great War for Civilisation - The Conquest of the Middle East''; (October 2005) London. Fourth Estate, pp.388-436&nbsp;388–436. ISBN 1-84115-007-X
* Gust, Wolfgang, Der Völkermord an den Armeniern, Zu Klampen, 2005
* Lepsius, Johannes, Deutschland und Armenien 1914-1918, Sammlung diplomatischer Aktenstücke, Donat & Temmen Verlag, 1986
Liña 329:
* [http://ermeni.org/turkce/vkayutyunner.php?tp=ea&lng=eng Testimonios do xenocidio]
* [http://www.genocide1915.info History, articles, petition, pictures, quotations, forum, videos...]
* [http://www.twentyvoices.com Life stories of twenty survivors of Armenian Genocide]
 
===== Media =====