Seguridade alimentaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
O Regulamento aplícase a tódalas etapas da produción, transformación e distribución de alimentos e de pensos, pero non á produción primaria para uso privado nin á preparación, manipulación ou almacenamento domésticos de alimentos para consumo propio.
 
Finalmente, polo de agora, a publicación en abril de 2004 do chamado '''[[Paquete de hixiene|Paquete de Hixiene]]''' <ref> Regulamentos CE nº 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios; nº 853/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal; e nº 854/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ó consumo humano (DOCE L 139, de 30.04.2004, modificados por DOCE L 226, de 26.06.2004)</ref> conforma o novo marco normativo para a produción de alimentos e a seguridade alimentaria no ámbito da Unión Europea.
 
== Principios da lexislación alimentaria ==
Liña 46:
* A '''comunicación do risco''', finalmente, é o necesario intercambio, ó longo de tódolos procesos anteriores, de toda a información e opinións en relación cos factores de perigo e os riscos, e outros posibles factores relacionados, que se debe establecer entre os responsables políticos, económicos e científicos cos consumidores, as empresas alimentarias, a comunidade científica e outras partes interesadas. Parte fundamental desta comunicación é a explicación pública e transparente dos resultados da determinación do risco e as motivacións das decisións adoptadas polas Administracións sobre a xestión do risco.
 
Todo o proceso de decisións do que vai depende-la lexislación alimentaria e as decisións adoptadas en cada caso deberá estar baseado en argumentos científicos e na independencia das institucións e organismos que deban protexe-los intereses do consumidor.
 
=== 3. Responsabilidades da empresa alimentaria ===
Liña 83:
En xeral, considérase '''seguro''' un alimento cando sexa conforme ás disposicións específicas da lexislación alimentaria que regulen a inocuidade dos alimentos, no tocante á súa orixe, elaboración, etiquetaxe, almacenamento, distribución e comercialización ata o consumidor final.
Pola contra, considérase que un alimento '''non é seguro''' cando sexa nocivo para a saúde ou cando non sexa apto para o consumo humano.
Evidentemente, está prohibida a posta no mercado de alimentos que non sexan seguros.
 
Á hora de '''determinar se un alimento non é seguro''', deberá terse en conta o seguinte: