Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
 
O [[12 de abril]] de [[1931]] celebrouse a segunda rolda das eleccións municipais. Aínda que cuantitativamente saldáronse coa vitoria monárquica nas urnas (26.257 concelleiros monárquicos fronte a 24.731 republicanos)<ref>Estes datos corresponden ós da segunda volta das eleccións segundo o ''Anuario Estatístico de 1931''. Na primeira rolda, do [[5 de abril]], elixíronse ós concelleiros por aplicación do artigo 29, é dicir, por candidatura única. Estes resultados deron 14.018 concelleiros monárquicos e só 1.832 republicanos. Porén, non se saben os datos con exactitude, xa que este Anuario non é fiable. Miguel Martínez Cuadrado outorga 19.035 concelleiros ós monárquicos, 39.568 ós republicanos e 15.198 a tradicionalistas, integristas, nacionalistas vascos, independentes etcétera, na súa obra ''Elecciones y partidos políticos en España''. Para [[Javier Tusell]] os monárquicos obtiveron 40.324, os indefinidos 1.207, os comunistas 67, os republicanos 34.688 e os socialistas 4.813.<br />
De tódolos xeitos en Madrid os republicanos obtiveron o triple de votos cós monárquicos, e en Barcelona o cuádruple.</ref>, cualitativamente o impulso republicano quedou de manifesto ó trunfar nas grandes cidades (41 das 50 capitais de provincia), é dicir, os núcleos menos vulnerables á influencia do [[caciquismo]] e á perversión do sistema electoral de [[1907]], que impedía a celebración de eleccións cando non houbera listas enfrontadas. Estes resultados colleron de sorpresa tanto a monárquicos coma a republicanos, xa que os monárquicos pensaban que a situación non pasaba de difícil<ref>Tusell, Javier: ''Historia de españa en el siglo XX'' Tomo I. Páxina 205. Taurus, Madrid, 2005.</ref>. Juan Bautista Aznar preguntado sobre a posibilidade dunha crise política respondeu:
 
{{Cita|Que máis crise desexan vostedes que a dun país que se deita monárquico e levántase republicano?}}
Liña 55:
Así o entendeu a elite monárquica e o propio Rei, que constataron a falta de apoio popular á orde estabelecida, renunciaron ó emprego da forza e abriron paso á proclamación da [[República]]. Tan só [[Juan de la Cierva Peñafiel|Juan de la Cierva]] propón erguerse en armas para evitar a quebra da monarquía<ref>Casanova, Julián: ''República y guerra civil''. Páxinas 14-15.</ref>. De tal xeito o [[14 de abril]] de [[1931]] fíxose público o seguinte manifesto que ó día seguinte publicou [[ABC (xornal)|ABC]] en portada:
 
{{Cita|As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A miña conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España, posto o único afán no interese público ata nas máis críticas conxunturas. Un rei pode equivocarse, e sen dúbida errei eu algunha vez; pero sé ben que a nosa patria mostrouse en todo tempo ante cúlpalas si malicia. Son o rei de todos os españois, e tamén un español. Acharía medios sobrados para manter os meus rexias prerrogativas, en eficaz forcexo con quen as combaten. Pero resoltamente quero apartarme de canto sexa lanzar a un compatriota contra outro en fratricida guerra civil.}}
 
A II República Española proclamouse finalmente o [[14 de abril]] de [[1931]]: a primeira cidade na que se izou a bandeira tricolor foi [[Eibar]] ([[Guipúscoa]]), pero no mesmo día a imitaron as principais cidades españolas, como [[Madrid]] ou [[Sevilla]].
Liña 77:
 
Co corazón no alto dígovos que o Goberno da República non pode dar a todos a felicidade, porque iso non está nas súas mans, pero si o cumprimento do deber, o restablecemento da lei e a conduta inspirada no ben da patria. ¡Viva España e viva a República!|Niceto Alcalá-Zamora}}
 
 
Este goberno desenvolveu o seu labor dende o [[14 de abril]] até o [[14 de outubro]] de [[1931]]. O obxectivo principal do goberno provisorio era a convocatoria de eleccións a Cortes constituíntes, mais realizou tamén un importantísimo labor lexislativo, sobre todo no referente á cuestión agraria. As eleccións se celebraron o [[28 de xuño]] e deron de novo o trunfo á alianza ''republicano-socialista''.
Liña 109 ⟶ 108:
== Contexto histórico adverso ==
* A II República Española comezaba a súa andaina no marco da crise económica máis grave da historia: o ''[[crac da Bolsa de Nova York]]'' de [[1929]] e a ''[[Gran Depresión]]''. Aínda que non azoutou a [[España]] coa mesma intensidade que a outros países máis desenvolvidos, a crise provocou o aumento do paro e o estancamento da produción. En [[Europa]] esta perda do nivel de vida derivada da crise fixo temer ós gobernantes unha revolución como a rusa de [[1917]]. Así, no contexto desta crise, avanzaban en [[Europa]] as solucións ditatoriais, autoritarias ou fascistas.
 
* A República herdaba tamén as consecuencias dos erros económicos da ditadura de [[Miguel Primo de Rivera]]. A crise da peseta, que non soubo atallar durante a ditadura o ministro de Facenda [[José Calvo Sotelo]], provocou, ante a chegada da República, que os ricos traspasaran parte do seu diñeiro ó exterior (até 917 millóns de pesetas entre o 1 de abril e o 30 de xuño, cantidade equivalente ó 15% dos depósitos totais), temerosos das reformas fiscais ou mesmo da ''revolución social''. Esta retirada de capital, xunto coa limitación dos envestimentos, provocou un novo aumento do paro, principalmente no campo. Esto provocou un clima de tensión que estaría presente durante toda a República.
 
* Houbo unha polarización política motivada polos novos dereitos individuais como o de participación libre e democrática nas eleccións ou o de asociación ou sindicación.
 
Liña 166 ⟶ 163:
 
Durante o goberno provisional, o ministro de Traballo [[Francisco Largo Caballero]] realizou unha serie de medidas para paliar a mala situación do campo. A ''Lei de bases da reforma agraria'' foi definitivamente aprobada o [[9 de setembro]] de [[1932]] por 318 votos a prol, 19 en contra e 120 abstención. Cabo dela tamén se aprobou a ''Lei intensificación de cultivos''.
Para a posta en práctica destas leis foi creado o [[Instituto de Reforma Agraria]] (IRA), pero non foi moi efectivo xa que a complexidade das leis e a oposición dos grandes terratenentes latifundistas (que en ocasións deixaron de traballar a terra) fixeron que a concesión de terras ós campesiños fora moi escasa e lenta, o que decepcionou ós campesiños que tanto anceiaran a República. Aínda que en teoría as medidas eran pretenciosas, na práctica o impacto foi leve. Dous anos e medio despois da proclamación da República só cambiaran de mans 45.000 hectáreas en beneficio duns 7.000 campesiños.
 
Os sindicatos convocaron folgas e o malestar social medraba. Comezaron a ocuparse ilegalmente terras por parte de campesiños desesperados. O suceso máis grave deste tipo sucedeu nun pequeno pobo andaluz chamado [[Sucesos de Casas Viejas|Casas Viejas]], onde o [[10 de xaneiro]] de [[1933]] os seus habitantes subleváronse contra as autoridades. A represión realizada foi durísima: algúns campesiños foron queimados nas casas onde se atrincheraban, outros foron fusilados... Esta represión causou forte conmoción na cidadanía e as dereitas aproveitaron para desprestixiar ó goberno. Pola súa parte, os anarquistas revolucionarios de esquerda decidíronse a derrubar esa República "burguesa" que non respondía ás demandas da cidadanía.
Liña 181 ⟶ 178:
 
==== Conflitividade social e crise da coalición ====
A cuestión territorial foi un foco de tensións. O malestar no exército fíxose patente no levantamento militar do [[José Sanjurjo Sacanell|xeneral Sanjurjo]]. Este golpe de estado (coñecido como ''[[sanjurjada]]'') produciuse o [[10 de agosto]] de [[1932]] en Sevilla e resultou un fracaso. Sanjurjo tentou fuxir a [[Portugal]] pero foi detido en [[Huelva]].
 
Por outra banda o fracaso de aplicación da Reforma Agraria creou conflitividade entre a poboación, sobre todo entre os xornaleiros, campesiños e anarquistas. Este malestar deu lugar a disturbios fortemente reprimidos en [[Sucesos de Casas Viejas|Casas Viejas]], [[Castilblanco]] e outros nas chamadas revolucións de [[Revolución de xaneiro de 1933|xaneiro]] e [[Revolución de decembro de 1933|decembro]] de [[1933]].
Liña 219 ⟶ 216:
 
===== Revolución de Asturias =====
En [[Asturias]] e norte de [[provincia de León|León]] a situación resultou diferente. A [[CNT]] estaba adherida á [[Alianza Obrera]] (xunto coa [[UGT]] e comunistas), e o comunismo tiña unha forza real. Os folguistas posuían armas e a dinamita das minas asturianas. O [[5 de outubro]] comezaba a sublevación e os folguistas comezaron a ocupar os pobos e vilas da zona. Estableceuse unha unión entre todas as forzas (obreiras, anarquistas, socialistas e comunistas) baixo a consigna [[UHP]] ([[Unión de Hermanos Proletarios]]). Nas zonas ocupadas organizáronse comunas e os concellos foron substituídos por comités revolucionarios. Suprimiuse o diñeiro e socializáronse os medios de produción. O ministro de Guerra encomendou a misión de sufocar a rebelión ó xeneral [[Francisco Franco]], que estaba ó mando da Lexión e das tropas regulares. A represión foi durísima, realizándose fusilamentos, asasinatos roubos e violacións. O [[18 de outubro]] dábase remate á revolución que foi sufocado con preto de 2.000 mortos, 30.000 detidos e miles de despedimentos. ''A posteriori'' ditáronse vinte penas de morte das que foron executadas dúas.
 
A repercusión foi moi forte. Ó redor de 200 concellos asturianos que estaban controlados por socialistas e republicanos de esquerda pasaron a seren controlados por xestoras. A [[CEDA]] aumentou o seu peso no goberno e produciuse unha dereitización do réxime.
Liña 302 ⟶ 299:
O [[4 de setembro]] de [[1936]], a presidencia do goberno, pasa ás mans do socialista Largo Caballero, que será sucedido ó ano seguinte por [[Juan Negrín]]. Este era tamén socialista e vai continuar ó mando de forma “estable” até a fin da Guerra Civil no ano [[1939]], e durante o exilio até o ano [[1945]]. A caída do goberno de Largo Caballero precipitouse tralos enfrontamentos entre os bandos formados principalmente pola [[CNT]] e o [[POUM]] contra o [[PSUC]]. O [[POUM]] foi ilegalizado, detidos os seus dirixentes e fusilado o seu líder, [[Andreu Nin]].
 
A guerra vai ser un conflito que vai estar marcado polo internacionalismo que vai adquirir co intervencionismo dos dous futuros bloques da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Entre os feitos da República durante a Guerra Civil, cabe destacar que o [[1 de outubro]] de 1936, vai ser concedida a autonomía ó País Vasco. O [[4 de novembro]], un mes despois, a [[CNT]], decide unirse ó goberno de Largo Caballero, a pesares das notables diferenzas que existían entre sindicalistas e socialistas. Estando Madrid baixo asedio o goberno vai trasladarse a [[Valencia]], mentres se forman as [[Xuntas de Defensa de Madrid]] encabezadas polo [[Xeneral Miaja]] que encarga a organización do [[Estado Maior]] a [[Vicente Rojo]].
Liña 324 ⟶ 321:
 
==== Disolución da II República española no exilio ====
Despois das eleccións do [[15 de xuño]] de [[1977]], o Presidente da República [[José Maldonado]] e [[Fernando Valera]], Presidente do Consello de Ministros, emiten a ''Declaración de la Presidencia y del Gobierno de la República Española en el Exilio'' o [[21 de xuño]] de [[1977]], en [[París]]. En dito texto, despois de reafirmar a legalidade institucional emanada da Constitución de 1931 e dos procesos electorais de [[1931]], [[1933]] e [[1936]], declaran: ''Las Instituciones de la República en el exilio ponen así término a la misión histórica que se habían impuesto. Y quienes las han mantenido hasta hoy, se sienten satisfechos porque tienen la convicción de haber cumplido con su deber.''
 
Ponse así punto final á segunda experiencia republicana na historia do estado español.