Edimburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
'''Edimburgo'''<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref> (en [[Lingua inglesa|inglés]]: ''Edinburgh''; en [[gaélico escocés]]: ''Dùn Éideann'') é a capital e segunda maior cidade de [[Escocia]].
 
A cidade atópase na costa leste de [[Escocia]] á beira do [[estuario do Forth]] e na autoridade local da ''Cidade de Edimburgo''. Edimburgo é capital de [[Escocia]] dende [[1437]] e é a sede do goberno [[Escocia|escocés]]. A cidade foi un dos centros máis importantes da educación e cultura durante a [[Ilustración|Era de Ilustración]], grazas á [[Universidade de Edimburgo]]. Os distritos, '''The Old Town''' e '''New Town''', os cales forman parte do centro da cidade, foron nomeados pola [[UNESCO]] como [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1995]]. De acordo co censo do [[2001]], '''Edimburgo''' posúe unha poboación de aproximadamente 448.624 habitantes.
 
Edimburgo é famosa polo seu [[Festival de Edimburgo|Festival]], o conxunto de eventos en vivo maior do mundo. Durante o mes de [[agosto]], cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada do [[Reino Unido]] despois de [[Londres]] con 13 millóns de visitantes ao ano.
Liña 44:
No [[século I]] os [[Imperio Romano|romanos]] documentaron que os [[Votadino]]s eran unha tribo britónica local, e no [[século XII]] o antigo poema ''Y Gododdin'' fala duns guerreiros facendo unha celebración no "gran salón de Eidin".
 
Despois de ser atacada e conquistada polos [[Bernicia|bernicianosbernicia]]nos [[anglosaxóns]] o nome mudou para '''''Edin-burh''''', o cal crese que deriva do [[anglosaxón]] e que significa "Forte de Edwin", posibelmente referíndose ao rei do [[século XII]], [[Edwin de Northumbria]]. Porén, como o nome é anterior ao rei [[Edwin de Northumbria|Edwin]], é moi improbábel que sexa certo. O elemento ''[[burgo]]'' é moi común entre os nomes de cidades [[Escocia|escocesas]] e en todas as [[linguas xermánicas]], e denomina a unha clase de cidade caracterizada por crecer arredor dunha estrutura fortificada, como un forte ou un castelo.
[[Ficheiro:Edinburgh-castle.jpg|miniatura|dereita|320 px|Castelo de Edimburgo]]
 
Liña 57:
A cidade de '''Edimburgo''' é agarimosamente alcumada "Auld Reekie", que en [[lingua escocesa|escocés]] significa "Vella Cheminea". Isto é debido a que nos tempos nos que a leña e o carbón eran os únicos combustíbeis dispoñíbeis, todas as chemineas botaban grandes cantidades de fume ao ar. '''Auld Reekie''' tamén fai referencia ás terríbeis condicións sanitarias que causaban un mal cheiro en toda a cidade.
 
Edimburgo tamén é chamada “A [[Atenas]] do Norte” por moitas razóns. A primeira é pola súa semellante [[topografía]], co ''Old Town'' de Edimburgo xogando o mesmo papel cá [[Acrópole de Atenas|Acrópole]]. As dúas teñen terra chá e fértil que se inclina cara ao [[Porto (comunicacións)|Porto]] a quilómetros de distancia. Aínda que esta clase de [[topografía]] é común no Sur de Europa, na Europa setentrional é algo raro. A época intelectual do [[século XVIII]], ás veces referida como a [[Ilustración|Ilustración Escocesa]], foi o punto clave en conseguirlle este alcume. Figuras ilustres como [[David Hume]] e [[Adam Smith]] viviron durante esta época. Ao perderen a súa importancia política, moitos agardaban que Edimburgo puidera ter un impacto semellante en [[Londres]] como o tivera [[Atenas]] con [[Roma]]. Outro factor importante foi a súa arquitectura [[Neoclasicismo|neoclásica]], particularmente a de [[William Henry Playfair]], e o Monumento Nacional de Edimburgo.
 
Aínda así moita xente non estivo de acordo con este alcume, quedando como anécdota o que un escritor en broma dixo: “"¡[[Reiquiavik]] do Sur" sería máis axeitado!”
Liña 72:
O centro histórico de Edimburgo atópase dividido en dúas partes polos ''Princes Street Gardens''. Cara ao sur dos xardíns atópase o casco vello (''Old Town''), dominado polo [[castelo de Edimburgo]], situado nun antigo cráter volcánico, o extinto ''Castle Rock''. A rúa maior do casco vello, a ''[[Royal Mile]],'' descende costa abaixo cara ao leste até chegar ao pazo de Holyrood. Ao norte dos xardíns atópase a cidade nova (''New Town''). Os xardíns atópanse no antigo emprazamento do pantano ''Nor' Loch'', onde foron construídos en [[1816]].
 
Ao oeste do castelo atópase o distrito financeiro, que contén edificios bancarios e de seguros. Probabelmente o edificio máis engailante da zona sexa o Centro Internacional de Conferencias de Edimburgo, ou ''Edinburgh International Conference Centre'' co seu grande edificio circular feito en pedra de gra.
 
=== Old Town ===
Liña 110:
 
== Poboación ==
No censo do 2005, segundo as estimacións da ''General Register Office for Scotland'', a cidade tiña unha poboación residente de 457.830 habitantes.<ref>{{Cita web |url=http://www.gro-scotland.gov.uk/press/2006-news/scotlands-population-rises-for-third-year-in-a-row.html |título=Mid Year Population Estimates, 2006 |dataacceso=2007-01-28 |editor=General Register Office for Scotland, 2006 }}</ref> No censo do 2001 a cidade tiña unha poboación de 448.624, sendo a sétima cidade máis poboada do [[Reino Unido]], e a segunda da [[Escocia]], despois de [[Glasgow]].<ref>{{Cita web |url=http://download.edinburgh.gov.uk/Census_2001_City_Comparisons/CCTable1Population.pdf |título=City Comparisons Table |dataacceso=2007-01-28 |editor=Edinburgh City Council }}</ref>
 
Aínda que a poboación da cidade está avellentándose, a gran poboación de estudantes da cidade está arranxando este problema. Na actualidade residen na cidade uns 100.000 estudantes.<ref>{{Cita web |url=http://www.prospects.ac.uk/cms/ShowPage/Home_page/Featured_institutions/Profile_display/p!epmikfF?mode=View&profileNo=48&from=H |título=Napier University Edinburgh |dataacceso=2007-03-23 |editor=Graduate Prospects }}</ref>
Liña 226:
Edimburgo é unha das cidades máis prósperas do [[Reino Unido]]. A cidade goza dunha mellor saúde económica dende [[1999]] cando se creou a sede do Parlamento Escocés na cidade, o cal xerou unha importante cantidade de emprego grazas ás distintas oficinas que existen na cidade. O nivel de [[desemprego]] de Edimburgo é un dos máis baixos do país, e tamén é unha das cidades con máis capacidade de creación de emprego. A poboación de Edimburgo tamén está medrando significantemente, sobre todo grazas á migración estranxeira e particularmente do resto do [[Reino Unido]].
[[Ficheiro:Bank of Scotland HQ.jpg|miniatura|250px|Centro de operacións do Banco de Escocia]]
A economía de Edimburgo baséase en gran parte no [[sector servizos]], o [[turismo]] nos servizos financeiros particularmente importantes, e na educación e nas investigacións de altas tecnoloxías. O Banco de Escocia foi fundado en [[1695]], nun acto no Parlamento Escocés orixinal. O Royal Bank of Scotland foi fundado en [[1747]] por [[Real Cédula]] é constitúe o quinto banco máis grande do mundo por capitalización.
 
''New Town'' e o centro da cidade foron tradicionalmente o fogar de moitas compañías, mais hoxe en día, por mor das súas novas necesidades mudáronse cara ao oeste do centro da cidade onde hoxe en día se atopa o distrito de negocios, que abeira grandes compañías como ''Scottish Widows'', ''Standard Life'', o ''Clydesdale Bank'' e ''Baillie Gifford''. ''Edinburgh Park'' é unha zona de negocios localizada ao oeste da cidade, preto do aeroporto de Edimburgo, e coa súa propia estación de tren. ''HSBC'', ''Royal Bank of Scotland'' e ''HBOS'' teñen as sedes das súas compañías nesa zona. Após a apertura do centro de operacións do ''Royal Bank of Scotland'', existen na actualidade arredor de 20.000 persoas traballando ás aforas occidentais da cidade.
Liña 263:
== Ensino ==
=== Ensino superior ===
A [[Universidade de Edimburgo]] creouse [[1583]] por orde dunha carta real, sendo a cuarta universidade máis vella da [[Escocia]]. A parte máis vella da universidade que se emprega na actualidade (Old College) atópase en South Bridge e data de [[1820]]. Co aumento do número de estudantes, construíronse novos edificios en George Square onde continúa a darse clase; na actualidade co crecemento do número de estudantes, estanse a facer novos planos de ampliación.
 
A real facultade de cirurxía (''Royal College of Surgeons'') e a real facultade de medicina (''Royal College of Physicians'') creáronse tamén por orde de cartas reais, en [[1506]] e [[1681]]. A academia de debuxo de Edimburgo fundouse en [[1760]], converténdose en [[1907]] no ''Edinburgh College of Art'' (Escola de arte de Edimburgo). A ''Queen Margaret University'', fundada en [[1875]] para atender a educación das rapazas, emprégase na actualidade como colexio de negocios, asistencia médica e xornalismo.
Liña 288:
[[Ficheiro:Edinburgh Airport Control Tower.jpg|miniatura|esquerda|200px|Torre de control do aeroporto de Edimburgo]]
=== Aeroporto ===
O aeroporto de Edimburgo, situado no distrito de Turnhouse, 8 &nbsp;km ao oeste da cidade, é a principal porta de entrada internacional da cidade. O aeroporto é manexado pola BAA Limited, compañía que se ocupa tamén dos aeroportos de [[Londres]] (Heathrow, Gatwik e Stansted), e dos aeroportos de [[Glasgow]], [[Aberdeen, Escocia|Aberdeen]] e [[Southampton]]. O aeroporto de Edimburgo posúe moitos destinos nacionais e internacionais, e ve pasar cada ano uns 8 millóns de pasaxeiros. As previsións agardan que chegue aos 26 millóns de pasaxeiros para o 2030<ref>D’après [http://www.scotland.gov.uk/Publications/2005/10/20154547/45474 Scotland.gov.uk]</ref>.
 
=== Autobús ===
Liña 301:
 
=== Tren ===
A estación de Waverley é a principal de Edimburgo. A estación atópase no centro da cidade, moi preto dos xardíns de Princes Street. Esta é empregada cada ano por máis de 13 millóns de viaxeiros, sendo a principal estación na [[''East Coast Main Line'']] (ECML), liña de tren que comunica [[Londres]] e [[Edimburgo]], pasando por [[Yorkshire]], [[Nordeste de Inglaterra|North East England]] e outras pequenas rexións entre ambas as dúas cidades. A GNER (''Great North Eastern Railway'') e ''Virgin Trains'' son as compañías ferroviarias que operan con trens de alta velocidade na [[ECML]]. Dentro da [[Escocia]] o fai a ''First ScotRail''.
 
=== Tranvía ===
Na actualidade a cidade de Edimburgo non posúe ningunha liña de tranvía. Como moitas cidades do [[Reino Unido]], Edimburgo tivo tranvía no pasado; este tiña algunhas liñas que circulaban polos distritos de Leith e Portobello, mais foi eliminado o [[16 de novembro]] de [[1956]].</br />
No ano [[2004]], presentáronse dous proxectos no [[parlamento escocés]] para o reestabelecemento dunha rede de tranvías na cidade. Os dous proxectos foron aprobados no [[2006]] e agárdase que as obras comecen en [[2007]].
 
Liña 333:
O '''festival de Edimburgo''' está formando por un conxunto de festivais que teñen lugar cada mes de agosto. Estes festivais son:
* [[Edinburgh International Festival]]: é o festival oficial. Nel pódense atopar representacións de teatro clásico, contemporáneo, ópera, música e danza.
* ''[[Edinburgh Festival Fringe]]:'' é o festival máis importante a nivel mundial de arte na rúa<ref> [http://www.edfringe.com/area.html?id=48 edfringe.com]</ref>.
* ''Edinburgh Military Tattoo'': espectáculo de pasarúas no castelo, con [[kilt]]s, [[gaita]]s e pandeiros.
* ''Edinburgh International Film Festival'' (festival de cinema)