Parque Natural do Delta do Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Engadir contido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias|data=maio de 2014}}
[[Ficheiro:EbroRiverDelta ISS009-E-09985.jpg|miniatura|dereita300px|Vista do Delta do Ebro.]]
O '''parque natural do Delta do Ebro''', chamado ''Parc Natural del Delta de l'Ebre'' en [[Lingua catalá|catalán]], localízase na desembocadura do [[río Ebro]], na [[provincia de Tarragona]], entre as comarcas do [[Baix Ebre]] e do [[Montsià]], na parte máis meridional de [[Cataluña]]. Foi declarado [[parque natural]] en [[agosto]] de [[1983]], e ampliado en [[1986]]. En 2010 contaba cunha extensión total de 7.736 hectáreas (3979 hectáreas no hemidelta dereito e 3757 hectáreas no hemidelta esquerdo).
 
O río Ebro, o máis caudaloso da [[península Ibérica]], é o principal responsable desta contorna, achegando os materiais arrincados da súa cabeceira para depositalos aquí, na conxunción co [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Os sedimentos son por tanto, materiais provenientes dos [[Pireneos]], o [[sistema Ibérico]] e a [[Cordilleira Cantábrica]], lugares de onde nace o río e afluentes del. A cantidade de materiais sedimentados crearon unha superficie de máis de 320 [[quilómetro cadrado|km²]], na que se formaron numerosos hábitats. A actual forma do Delta é unha "frecha" perfectamente debuxada que penetra preto de 22 km no mar, creando así o terceiro maior delta do Mediterráneo tras o Delta do [[Nilo]] con 24.000 [[quilómetro cadrado|km²]] e o do [[río Ródano|Ródano]], que abarca unha superficie de 500 [[quilómetro cadrado|km²]].
 
O delta do Ebro é a zona húmida máis grande de [[Cataluña]] e unha das máis importantes de [[Europa Occidental]] detrás do parque rexional da [[Camarga]] en [[Francia]] e do [[parque nacional de Doñana]] no sur de España.
Liña 10:
===Arrozais===
No Delta do Ebro existen unhas 22.000 hectáreas de arrozais. Creando, este cultivo, un lugar idóneo de refuxio, alimento e cría para moitas aves acuáticas. Algunhas das aves máis comúns son as [[Pernalonga|pernaslongas]], a [[Perdiz de mar|perdiz de mar]] ou o [[Mazarico negro|mazarico negro]]. Tamén son frecuentes aves das familias [[Ardeidae]], [[Laridae]] ou [[Sternidae]].
A presenza das aves nos arrozais tamén causa danos ó cultivo. Así, por exemplo o [[Flamengo]] pisa a planta e ocasiona grandes perdas. Mediante a vixianciavixilancia, a espantada de aves e as axudas económicas reducíronse os danos económicos. Outra ave que pode ocasionar danos nos arrozais é o [[Camón]], neste caso por alimentarse directamente da planta do [[Arroz|arroz]]; sendo este un fenómeno habitual en toda a costa mediterránea. Algunhas medidas que teñen mitigado o problema
foron a separación natural dos arrozais das canaveiras por balsas de auga salgada, o peche das leiras afectadas por tendidos eléctricos ou a realización de fotografía aérea para acadar unha mellor peritaxe<ref>«El conflicto entre el calamón y la agricultura del arroz». Revista Quercus, Cuaderno 333, Novembro 2013 {{es}}.</ref>.
 
==Notas==