Diacepam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
O diazepam é usado para tratar estados de [[ansiedade]] e tensión, e é a [[benzodiazepina]] máis efectiva para o tratamento de [[espasticidad|espasmos musculares]]. É unha das benzodiazepinas estándar máis frecuentemente administradas tanto a pacientes internados en clínicas como ambulatorios. Foi englobado na ''Lista de drogas esenciais'' da [[OMS]].
 
==Acción terapéutica==
Como todas as [[droga]]s da súa clase, actúa [[depresión|deprimindo]] a condución nerviosa nas neuronas do [[sistema nervioso central]], producindo dende unha leve sedación ata [[hipnosis]] ou [[coma (medicina)|coma]] en función da [[dose]] administrada.
 
Presumese que o seu mecanismo de acción consiste en potenciar ou facilitar a acción inhibitoria do [[neurotransmisor]] [[ácido gamma aminobutírico]] ([[GABA]]), mediador químico da inhibición tanto no nivel [[sinapses|presináptico]] como [[sinapses|postsináptico]], en todas as rexións do sistema nervioso central.
 
====Farmacocinética====
Administrado por vía oral, absorbese ben no tracto gastrointestinal. Por [[vía intramuscular|vía IM]], en xeral a absorción é rápida e completa. O estado de equilibrio da concentración en [[plasma sanguíneo]] producese entre os 5 días e 2 semanas. A eliminación da [[sustancia]] é lenta xa que os metabolitos activos poden permanecer no [[sangue]] varios días o semanas producindo posiblemente efectos residuais. O inicio de acción é evidente aos 15-45 minutos despois da súa administración oral; por vía IM, antes dos 20 minutos; e por [[vía intravenosa|vía IV]], entre 1 e 3 minutos. Eliminase por vía renal.
 
====Indicacións====
O diazepam indicase (por vía oral) para tratar a [[ansiedade]], trastornos psicosomáticos, [[tortícolis]], [[espasmo muscular|espasmos musculares]]. Por vía IM ou IV, en sedación previa a intervencións ([[endoscopia]]s, [[biopsia]]s, [[fractura (medicina)|fracturas]]); estados de axitación motora, [[delirium tremens]], [[epilepsia|convulsións]]
 
{{En progreso}}