Livio Andrónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 8:
De acordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no [[-240]]. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ''ludi romani'' celebrados tras a vitoria romana na [[Primeira Guerra Púnica]]. Este ensaio, que moi verosimilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do [[Lacio]]. Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposíbel precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias ''Achilles'', ''Aegisthus'', ''Aiax'', ''Andromeda'', ''Danae'', ''Equos Troianus'', ''Hermiona'', ''Tereus'' e quizais ''Ino''. Edítanse como seus os fragmentos das comedias ''Gladiolus'', ''Ludius'', ''Virgo''.
 
Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu xirar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posíbel concluír que:
* Non está escrita en [[hexámetros dactílicos]], senón en verso saturnio, metro cuantitativo de características moi polémicas: de orixe itálica, quizais [[Etruscos|etrusca]], para uns; non exento de influencias gregas para orientacións máis actuais.
 
Liña 16:
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Luciano Canfora, "I classici nella storia della letteratura latina", Laterza, 1994, v. Capítulo I "Roma, cidade grega" (En Italiano). Poden lerse extractos (en francés) en[http://www.apfla-cpl.com/modules.php?name=News&file=article&sid=23]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Nados en Taranto]]