Centre de Convencions Internacional de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en catalán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2016 ás 15:36

O Centre de Convencions Internacional de Barcelona (CCIB) é un espazo situado no barrio de Diagonal Mar de Barcelona, obra do arquitecto Josep Lluís Mateo e inaugurado en 2004 como parte integrante do Fórum de Barcelona 2004. Conta cunha superficie total construída de 75.000 m², e un total de 120.000 m² incluíndo o hotel e oficinas contiguas. O CCIB tamén xestiona o Auditori Fòrum do Edificio Fòrum, co que está unido a través dun paso subterráneo.[1]

Entrada ao centro

O proxecto presentouse en 2001 co obxectivo de ser o maior centro de convencións do sur de Europa.[2] No seu capital participou o Gremi de Hoteis de Barcelona. Pode acoller congresos ou convencións de entre 5.000 e 15.000 persoas e dispón dun hall de 4.000 m², que da acceso á sala de convencións e exposicións de 13.500 m², cuberta e sen columnas. Foi escenario de citas nacionais e internacionais como a Cumbre Euromediterránea de Xefes de Estado, o Congreso Mundial da Natureza (UICN), a Gala do 50 aniversario de Televisión Española, o Congreso de Cardioloxía Euro PCR ou a gala de entrega dos Premios Gaudí.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Coordenadas: 41°24′37″N 2°13′10″L / 41.410174, 2.219473