Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
'''Xoán Bosco''', nado en [[I Becchi]] en [[1815]] e finado o [[31 de xaneiro]] de [[1888]] en [[Valdocco]], foi o fundador da orde dos salesianos. Corenta e seis anos despois do seu pasamento foi canonizado por [[Pío XI]]. A súa festa celébrase o 31 de xaneiro. Está considerado como patrón dos editores.
 
== Traxectoria ==
=== Inicios ===
Foi o fillo menor dunha familia labrega [[Piemonte|piemontesa]]. Seu pai morreu cando tiña dous anos. Xoán aprendeu a ler cando viviu cunha tía que traballaba na casa dun sacerdote. Aos dezaseis anos ingresou no seminario de Chieri. Tras ser ordenado diácono, entrou no seminario maior de [[Turín]].
 
Nesa época empezou a reunir a nenos que vivían na pobreza e na marxinalidade, para o cal recibiu axuda de persoas destacadas, como [[Xosé Cafasso]] ou da marquesa de Barola. Fundou unha serie de escolas nocturnas nos barrios desfavorecidos de Turín, nas que aplicaba o seu propio sistema pedagóxico, o chamado [[Sistema Preventivo]], sobre o cal escribiu unha obra como alternativa ó sistema represivo. En [[1853]] comezou a crear obradoiros de xastrería e zapatería onde os rapaces aprendían o oficio.
 
=== Fundación da Orde Salesiana ===
Nun clima anticlerical no Piemonte, en pleno período de configuración da nova [[Italia]], coa expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle a Xoán Bosco o apoio do ministro [[Urbano Rattazzi]], político anticatólico. Este aconselloulle a formación dunha sociedade que sorteara as prohibicións ás que estaban sometidas as ordes relixiosas.
 
Liña 20:
 
{{commonscat}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]