Real Banda de Gaitas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
A '''Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense''' é unha banda de gaitas fundada en [[Ourense]] por [[Xosé Lois Foxo]].
 
== Historia ==
A banda é dependente da [[Deputación de Ourense]]. Conta tamén cunha Escola Provincial de Gaitas, tamén dependente da Deputación, na que se imparten clases tanto de gaita como de percusión. Nas súas actuacións emprega [[gaita]]s en Si bemol, gaitas de "barquín" (sopro mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así coma unha sección de percusión formada por [[redobrant]]es de alta tensión, [[tambor]]es tenores, [[bombo]]s, [[pandeireta]]s e [[tarrañola]]s. Conta tamén unha sección de bastóns de mando e una sección de pandereteiras. O seu repertorio abrangue tanto música tradicional galega como dos países chamados 'celtas', e en certos casos, con música procedente de outras culturas do mundo.
 
Na súa sede a agrupación conta cun Museo da Gaita, no que se exhiben diversos exemplares do instrumento, así como iconografía diversa relacionada.
 
== Polémica ==
En torno este tipo de agrupacións existe unha forte polémica derivada das innovacións introducidas. Dado que de Ourense foi a primeira e, sen dúbida, a máis coñecida deste tipo de formacións, é obxectivo de moitas e moi fortes críticas. Aqueles que están en contra opinan que ditas innovación afastan a banda totalmente da música e da cultura tradicional galega, destacando que:
* Empréganse instrumentos que non se consideran tradicionais. A agrupación emprega gaitas morfoloxicamente distintas a gaita galega, coa ronqueta e o chillón colocados ao par do ronco, de xeito similar as gaitas escocesas. Tamén percusión de ''alta tensión'', tanto nos bombos como nos redobrantes. Estes cambios non só afectan a imaxe dos instrumentistas senón o son e musicalidade.
Liña 13:
* A marcialidade da banda está moi alonxada das formacións habituais, sendo semellantes a desfiles.
 
== Distincións ==
A banda recibiu o título de Real polo Rei [[Xoán Carlos I de España]]. Posúe moitos outros galardóns e recoñecementos de carácter nacional e internacional e de varias casas galegas, e ten actuado para diversos persoeiros e representantes políticos.
== Publicacións ==
=== Bibliografía ===
* Anuario da Gaita (publicado dende o ano 1986)
 
=== Discografía ===
* Muiñeira para Elisa (1995)
* Banda de Gaitas do Caurel: o son dos eidos
Liña 46:
* Himno Galego (con [[María do Ceo]]) (2007)
 
=== Videografía ===
* Filandón de Músicas do Caurel
* Concertos monumentais Provincia de Ourense
Liña 58:
* Marco Foxo Gañador Solistas 2009
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
[[Xosé Lois Foxo]]
=== Ligazóns externas ===
[http://www.realbanda.com/gal/frames.htm Paxina oficial da Real Banda]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Grupos_musicais_de_GaliciaGrupos musicais de Galicia]]