Sacarosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 46:
| Appearance = sólido branco
| Density = 1,587 g/cm<sup>3</sup>, sólido
| Solubility = 2000 g/L (25 &nbsp;°C)
| MeltingPt = Ningún; decomponse a 186 &nbsp;°C
| LogP = −3,76
}}
Liña 66:
}}
}}
A '''sacarosa''' ou [[azucre]] común é un [[disacárido]] formado por unha [[molécula]] de [[glicosa]] e outra de [[frutosa]]. Non ten poder [[redutor]] sobre o licor de [[Fehling]].
 
O seu nome químico é ''alfa-D-glucopiranosil(1->2)-beta-D-fructofuranósido''.
Liña 76:
Unha curiosidade da sacarosa é que presenta [[triboluminiscencia]], que produce luz mediante unha acción mecánica.
 
== Estrutura e función ==
A sacarosa (azucre de mesa) é un [[disacárido]] de [[glicosa]] e [[frutosa]]. Sintetízase nas plantas, pero non en animais superiores. Non contén ningún átomo de carbono anomérico libre, posto que os [[carbono anomérico|carbonos anoméricos]] das dúas unidades monosacáridas constituíntes están unidos entre si, [[covalente]]mente, mediante un [[enlace glicosídico|enlace O-glucosídico]]. Por esta razón, a sacarosa non é un azucre redutor e tampouco posúe un extremo redutor.
 
O seu nome abreviado pode escribirse como Glc(a -1à 2)Fru ou como Fru(b 2à 1)Glc. A sacarosa é un produto intermedio principal da fotosíntese. En moitas plantas constitúe a forma principal de transporte de azucre dende as follas a outras partes da planta. Nas sementes xerminadas de plantas, algunhas graxas e proteínas almacenadas convértense en sacarosa para o seu transporte a partir da planta en desenvolvemento.
 
== A sacarosa como nutriente ==
A sacarosa úsase nos alimentos polo seu poder adozante. Ó chegar ó estómago sofre unha hidrólise ácida e unha parte desdóbrase nos seus compoñentes glicosa e frutosa. O resto de sacarosa pasa ao intestino delgado, onde a enzima [[sacarasa]] convértea en glicosa e frutosa.
 
== Precaucións ==
Se se quenta pasa a estado líquido, no que é moi perigosa, xa que se atopa a moi alta temperatura e pode queimar a pel. Debido a súa baixa calor de [[fusión (cambio de estado)|fusión]] , pasa a estado líquido moi rapidamente, e pégase ó recipiente que o conten con moita facilidade.
 
O seu consumo excesivo pode causar [[diabetes]], [[carie dental]], o incluso a caída dos [[dente|dentes]]s. Hai persoas que sofren [[intolerancia á sacarosa]], debido á falta da enzima sacarasa, e que non poden tomar sacarosa, xa que lles provoca problemas intestinais.
 
== Uso comercial ==
A sacarosa é o [[edulcorante]] máis utilizado no mundo industrializado, aínda que ten sido substituída en parte na preparación industrial de alimentos por outros [[adozante]]s tales como xaropes de glicosa, ou por combinacións de ingredientes funcionais e adozantes de alta intensidade.
 
Liña 96:
A utilización da sacarosa debese ó seu poder adozante a ás súas propiedades funcionais, como a consistencia; por tal motivo é importante para a estrutura de moitos alimentos incluíndo [[galleta]]s, [[merengue]]s, claras a punto de neve e sorbetes. Ademais emprégase na conservación de alimentos ([[Marmelo (doce)|marmelo]]) e en moita da chamada "comida lixo".
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Carbohidratos}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Carbohidratos]]