Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Substitución automática de texto (-mistura +mestura)
Liña 27:
As orixes de '''Jethro Tull''' remóntanse a mediados dos anos 60, cando tres individuos que respondían ós nomes de [[Ian Anderson]], [[Jeffrey Hammond Hammond]] e [[John Evans]] decidiron formar unha banda de [[Música rock|rock]] chamada [[The Blades]]. o seu debut foi en 1963, no Blackpool’s Holy Family Youth Club, comprendendo a formación ós seguintes músicos: Anderson á guitarra, Hammond ó baixo, Evans á batería e Michael Stephens, ex-guitarrista do grupo [[The Atlantics]]. O repertorio da banda baseábase en temas blues inspirados por xente coma [[Sonny Terry]], [[Howling Wolf]], [[Brownie McGhee]], [[Graham Bond]] e outros músicos norteamericanos e británicos do mesmo estilo musical. Con esta formación e repertorio estiveron actuando unha tempada, ata que comezaron a sucederse os cambios no seo da banda, que rematouse estabilizando coa inclusión de [[Barriemore Barlow]] á batería e o transvase de John Evans ós teclados, que era o instrumento que dende un principio máis lle gustaba. Así chegouse ó primeiro cambio de nome na banda (aínda que non sería o último, coma posteriormente veremos), pasando a chamarse en 1965 [[The John Evan Band]], e incluíndo no seu seo a un verdadeiro rosario de músicos: os mesmos que formaron The Blades menos Michael Stephens, que decidiu abandonar o grupo, e a inclusión de Derek Ward ó baixo, Jim Doolin á trompeta, Martin Skyrme ó saxofón e Chris Riley á guitarra. Durante os seguintes dous anos, 1966 e 1967, o grupo tocou nos clubs máis prestixiosos do Norte de [[Gran Bretaña]], entre os que destacaron o Twisted Wheel Chain e [[The Cavern]], en [[Liverpool]].
 
Os temas que realizaban eran unha misturamestura de [[blues]], [[jazz]] e [[soul]]. Un novo cambio de nome produciuse neste período: pasaron a chamarse [[The John Evan´s Smash]], co conseguinte cambio na formación: Jeffrey Hammond, Derek Ward, Jim Doolin, Martin Skyrme e Chris Riley foron substituídos por Chick Murray á guitarra, Tony Wilkinson ó saxofón barítono, Neil Valentine ó saxofón tenor e Glenn Cornick ó baixo. Porén, esta formación só durou un ano, xa que en novembro de 1967 produciuse a grande estoupada e só quedaron no grupo Ian Anderson e Glenn Cornick, polo que tiveron que recrutar a dous novos músicos. Estes serían o batería Clive Bunker e o guitarrista Mick Abrahams, ambos procedentes do grupo [[McGregor´s Engine]]. Con estes catro compoñentes comezou un periplo de dous meses durante os cales actuaron en diversos locais británicos, entre eles o mítico [[Marquee]] e no que sucedéronse os cambios de nome: [[Navy Blue]], [[Bag of Blues]], [[Ian Henderson´s Bag O’ Blues]] e moitos outros, produto do espantosamente mal que tocaban. Parece ser que o constante cambio de nome era o único que permitíalles poder actuar nun local máis dunha vez, xa que coñecéndoos xamais poderían facer polo pouco que gustaban. Porén, xusto daquela sucedeu un feito que máis tarde revelaríase como crucial para o futuro de Jethro Tull e para a historia da música en xeral: Terry Ellis e Chris Wright deciden formar unha compañía de discos á que poñerían por nome [[Chrysalis Records]].
 
A dita compañía sería nun principio subsidiaria da todopoderosa Island e enfocou o seu traballo á promoción de grupos con sons innovadores, polo que a través do produtor Derek Lawrence deciden fichar ós nosos protagonistas e colocarlle o ridículo nome de [[Candy Coloured Rain]], o cal non se produciu finalmente grazas a que un empregado de Chrysalis que estudara historia suxeriu o de Jethro Tull, que non é outra cousa que o nome dun agricultor, granxeiro e escritor inglés nado en Basildon en 1674, ó que se lle atribue en 1701 a invención e perfeccionamento da máquina de arar e diversos experimentos cos sistemas de semente. A pesar de todo, o primeiro traballo oficial de Jethro Tull na industria discográfica non saldría baixo o selo Chrysalis, senon que o faría para [[Metro Goldwyn-Mayer]]. Tratábase dun single que incluía na súa cara A o tema "Aeroplane", composto por Len Barnard e Ian Anderson e pola cara B "Sunshine day", composto por Mick Abrahams. Dito single foi publicado en febreiro de 1968 e distribuído baixo o nome de Jethro Toe, seguramente debido a un erro de imprenta. En calquera caso, a repercusión deste traballo foi mínima, xa que apenas tivo promoción e tampouco atraeu o interese da crítica e do público.