Wikipedia:Fontes fiables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Aviso|Esta proposta estase a votar actualmente, podes atopar a votación '''aquí'''. A votación comezou o 11/03/2016 e rematará o 11/04/2016}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Algúns tipos de fontes: arranxiños e ligazón
Liña 32:
==Algúns tipos de fontes==
{{VT|Wikipedia:Verificabilidade#Fontes_acreditadas}}
Moitos artigos da Wikipedia dependen de material académico. De estar dispoñibledispoñibles, as publicacións académicas e revisadas, investigacións académicas e libros publicados adoitan ser as fontes máis fiables. Porén, algúns materiais académicos poden estar desfasados, en competición con teorías alternativas, ou ser controvertidos no campo relevante. Débese tentar citar o consenso académico no tema cando este exista. Fontes non académicas pero fiables tamén se poden empregar en artigos sobre temas académicos, en particular material de publicacións ben establecidas. A decisión de que fontes son apropiadas dependerá sempre do contexto en cada caso.
 
===Fontes académicas===
*Os artigos deben basearse en [[Fonte secundaria|fontes secundarias]] de ser posible. Por exemplo, un artigo de crítica, monográfico ou libro de texto é mellor que un artigo de investigación primario. Cando se empreguen fontes primarias debe terse moito coidado. Os wikipedistas non deben interpretar o contido das fontes primarias por si mesmos. Véxase [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria]] e [[Wikipedia:Punto de vista neutral]].
* Os materiais de tipo artigo, libro, monográfico ou investigación, que estean aprobados pola comunidade académica, considéranse fontes fiables, cando o material estea publicado por fontes reputables e revisadas, ou por imprentas académicas ben consideradas.
*As disertacións completas ou teses escritas, dispoñibles publicamente, poden empregarse pero con precaución, xa que moitas delas adoitan ser, totalmente ou en parte, fontes primarias. Algunhas destas terán pasado un proceso de revisión académica, de distintos niveles de rigor, pero outras non. De ser posible empregue teses que teñan sido citadas por outras fontes, supervisadas por especialistas recoñecidos no campo en cuestión, ou revisadas por terceiras partes. As disertacións que se atopen en progreso non están revisadas e non se consideran publicadas, polo que non constitúen fontes fiables por norma. Algunhas teses publícanse posteriormente en forma de monográficos académicos ou artigos revisados, e de estar dispoñibles son preferibles ás mesmas teses orixinais coma fontes.