Batalla das Dunas (1639): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 64:
 
=== Entrada da Armada nas Dunas (Downs) ===
Oquendo podería facer o mesmo nos portos amigos de [[Dunkerque]] ou Mardique (hoxe [[Fort-Mardyck]], 10 km ao leste de Dunkerque), pero, dubidando do calado de Mardique, onde pensaba que non podían entrar os seus galeóns grandes, así como dada a proximidade da rada das Dunas -ou dos Baixíos- ([[The Downs]]) na costa do condado de [[Kent, Inglaterra|Kent]], en [[Inglaterra]], e considerando que os ingleses eran neutrais, decide refuxiarse alí, para intentar aprovisionarse e reparar os seus barcos.
 
Aos ingleses non lles fai graza a decisión española, e o enfado vese agravado por non saudar Oquendo á bandeira inglesa do almirante Pennigton, que se atopaba fondeado na rada. Ante o enfado inglés, e dada a súa precaria situación, Oquendo cede. Os ingleses ceden o fondeadoiro interior aos españois, e fondean entre a armada española e a holandesa.<ref name=ce/>