Prosobranquios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en castelán.

Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 1:
{{zooloxía en progreso}}
{{Taxobox
| name = Prosobranquios
''Prosobranchia''
| image = Haeckel Prosobranchia.jpg
| image_width = 260px
| image_caption = Lámina de '''''Prosobranchia''''' nasen
''Formas artísticas da natureza'',
de [[Ernst Haeckel]] (1904)
| regnum = ''[[Animalia]]''
| subregnum = ''[[Metazoa]]''
Liña 17 ⟶ 16:
* ''[[Neogastropoda]]''

A dos '''prosobranquios''' (''Prosobranchia'') é unha antiga [[clase (bioloxía)|subclase]] de [[moluscos]] da [[clase (bioloxía)|clase]] dos [[gasterópodos]] que comprendíacomprende unhasentre 20 000 e 55 000 [[especie (bioloxía)|especies]] viventes de caracois que habitan en ambientes [[mar|mariños]], [[auga doce|dulciacuícolas]] e unha moi pequena proporción de especies que colonizaron o [[medio ambiente|medio terrestre]], aínda que a maioría son mariños.

Os prosobranquios constitúen o grupo máis antigo, e tamén o máis diversificado, da clase dos gasterópdos.

==Características==
A [[cabeza]], ben diferenciada, posúe só un par de [[tentáculo]]s. Debido ao feito de que a rotación do [[masa visceral|saco visceral]] non é seeguida, neste grupo, de '''distorsión''', como ocorre no caso das outras dúas clásicas subclases ([[opistobranquios]] e [[pulmonados]]), os prosobranquios están considerados como gasterópodos primitivos. As dimensións e as formas dos membros deste grupo son moi variadas, o mesmo que sucede coa [[cuncha]], cuxa forma e coloración poden ser moi distintas. A [[rádula]] está tipicamente constituída por series transversais de placas dentadas, e ten moita importancia na clasificación.<ref name=S>VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados''.</ref>
A cuncha, presente na maioría das especies, é xeralmente espirilada, univalva, forte e sólida, constituída de [[carbonato de calcio]]. Pode presentar unha serie de ornamentacións como orificios e canles respiratorios, costelas verticais, cordóns espirais e suturas. Cando é espirilada presenta varias rexións ou estruturas como son a abertura, a columela, a volta do corpo e a espira. A gran maioría presenta unha estrutura anexa que se encarga de pechar a cuncha cando o caracol se retrae dentro desta, denominada [[opérculo (gasterópodos)|opérculo]], que é de forma e tamaño variábel.

No corpo dos prosobranquios obsérvanse tres rexións fundamentais: o '''pé''', formado por unha zona máis muscular de forma e tamaño variábel, dependiendo de especie; a [[masa visceral]], que é a porción do corpo donde se localizan a maioría dos [[órgano]]s, e o [[manto (moluscos)|manto]], unha membrana que recobre o corpo do caracol e entre cuxas funcións está a de segregar a cuncha.

Os mebros desta subclase caracterízanse por presentaren a ou as [[aurícula cardíaca|aurículas]], xunto coas [[branquia]]s (ctenidios), en posición anterior ao [[ventrículo (cardíaco)|ventrículo]] (ao que alude o seu nome), condición derivada da torsión sufrida durante o estadio [[larva|larvario]]. A consecuencia deste proceso de torsión, os cordóns nerviosos viscerais crúzanse, un desde o ganglio pleural dereito ao lado esquerdo por encima; e outro desde o ganglio pleural esquerdo ao lado dereito, por debaixo da canle alimentaria. A cavidade do manto abre á fronte, contendo no lado dereito o recto e o ano.

==Taxonomía==
===Descrición===
A subclase dos prosobranquios foi descrita en [[1848]] polo [[médico]] e [[zoólogo]] [[Francia|francés]] [[Henri Milne Edwards]].

===Etimoloxía===
O nome ''Prosobranchia'' fromouno Milne-Edwards cos elementos do [[latín|latín científico]] ''proso-'', tirado do [[grego antigo]] πρόσω ''prósō'', 'diante', 'adiante', e ''-branchia'', derivado da palabra do grego antigo βράγχια (neutro plural) ''brágchia'' [pronunciado /bránquia/], aludindo á posición das branquias destes animais.<ref>[http://www.merriam-webster.com/dictionary/prosobranch ''Prosobranch''] no Merriam-Wesbsters Dictionary on line.</ref> <ref>[http://atilf.atilf.fr/dendien/scripts/tlfiv5/visusel.exe?11;s=1587652185;r=1;nat=;sol=0; ''branchie''] no ''Trésor de la langue française informatisé''.</ref>

===Clasificación===
Hoxe en día a subclase dos prosobranquios considérase obsoleta porque se trata dun grupo [[parafilético]].<ref name=W>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=102 ''Prosobranchia ''] no [[WoRMS]].</ref>

A [[taxonomía]] dos gasterópodos está cambiando rapidamente. A clasificación clásica de [[Johannes Thiele]] (1860-1935) dividía os gasterópodos en tres subclases: ''Prosobranchia'', ''Opisthobranchia'' e ''Pulmonata''. A subclase ''Prosobranchia'' Henri Milne-Edwards, 1848 dividíase, nesta clasificación, nas ordes ''Archaeogastropoda'', ''Mesogastropoda'' e ''Neogastropoda''.

Posteriormente, algúns autores dividírona en dúas ordes, '''diotocardios''' (''Diotocardia''), así denominados por teren dous ctenidios, dous atrios auriculares e, case sempre, dous nefridios, e os '''monotocardios''' (''Monotocardia''), caracterizados por teren os órganos so do lado esquerdo e, por tanto, posuíren un só ctenidio, un atrio cardíaco e un só nefridio.<ref name=S/>

Máis recentemente, clasificacións como a do [[ITIS]] consideran nos gasterópodos as seguintes ordes:<ref>[http://www.cbif.gc.ca/acp/fra/siti/regarder?tsn=78780 ''Prosobranchia''] no [[ITIS]].</ref>
*'''Clase ''[[Gasteropoda]]'''''
**Orde ''[[Archaeogastropoda]]''
**Orde ''[[Mesogastropoda]]''
**Orde ''[[Neogastropoda]]''
**Orde ''[[Entomotaeniata]]''
***Familia ''[[Enteroxenidae]]''
**Orde ''[[Architaenioglossa]]''
**Orde ''[[Neritopsina]]''

Para ver a nova clasificación dos gasterópodos, véxase [[Gasterópodos]].

==Galería: diversidade dos prosobranquios==
<gallery widths=180px>
File:Prosobranchia varios 000.jpg|A. ''Cassis madagascarensis''
B. ''Charonia variegata''
C. ''Chicoreus brevifrons''
D. ''Tonna galea''
E. ''Nerita pelotonta''
F. ''Strombus gallus''
G. ''Turbinella angulata''
H. ''Turritella variegata''
I. ''Vasun muricatum''
File:Prosobranchia varios 001.jpg|A. ''Ficus comunis''
B. ''Melongena melongena''
C. ''Murex pomum''
D. ''Marisa cornuarietis''
E. ''Purpura patula''
F. ''Voluta musica''
G. ''Pila ampullacea''
H. ''Poteria translucida''
I. ''Strombus pugilis''
File:Prosobranchia varios 002.jpg|A. ''Cymatium femorale''
B. ''Doryssa atra''
C. ''Cypraeacassis testiculus''
D. ''Cypraea cervus''
E: ''Cypraea zebra''
F. ''Fasciolaria tulipa''
G. ''Gaza superba''
File:Prosobranchia varios 003.jpg|A. ''Ancilla glabrata''
B. ''Architectonica novilis''
C. ''Astraea caelata''
D. ''Citarium pica''
E: ''Concholepas'' sp.
F. ''Fissurella'' sp.
</gallery>

<gallery widths=180px>
File:Prosobranchia varios 004.jpg|A. ''Fusinus closter''
B. ''Polinices lacteus''
C. ''Natica carena''
D. ''Terebra taurina''
E: ''Siphocypraea mus''
File:Prosobranchia varios 005.jpg|A. ''Casis tuberosa''
B. ''Terebra funeralis''
C. ''Cymatium martinianum''
D. ''Doryssa hohenackery kappleri''
E. ''Marginella prunum''
F. ''Nerita versicolor''
G. ''Perptrocus adansonianus''
H. ''Pomacea glauca gevesensis''
File:Prosobranchia varios 006.jpg|A. ''Pachychilus laevisimus''
B. ''Melanoides tuberculata''
C. ''Phalium granulatum''
D. ''Pomacea glauca orinocensis''
E. ''Strombus costatus''
F. ''Tonna maculosa''
</gallery>

==Notas==
{{listaref|2}}

== Véxase tamén ==
{{wikispecies|Gastropoda}}
{{commonscat}}
{{commons|category:Gastropoda}}
{{wikispecies}}

=== Bibliografía ===
* D'Ancona, Humberto (1972): ''Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial''. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
* Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): ''Zoología. Tomo 1 invertebrados''. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
* Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): ''Zoología sistemática''. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
* VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados''. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257-293.

=== Outros artigos ===
* [[Moluscos]]
* [[Gasterópodos]]

=== Ligazóns externas ===
* [http://fossilworks.org/bridge.pl?action=taxonInfo&is_real_user=1&taxon_no=61921 †subclass Prosobranchia Milne-Edwards 1848] en [[Fossilworks]].

{{Control de autoridades}}