Javier de Burgos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
De familia nobre aínda que non adiñeirada estaba destinado a servir á Igrexa, pero abandonou axiña os estudos relixiosos en [[Granada, España|Granada]], trasladándose a [[Madrid]] para adicarse aos estudos de xurisprudencia. Coa invasión [[Napoléon Bonaparte|napoleónica]] pasou ao seu servizo ocupando en [[Andalucía]] distintos cargos. Dada a súa condición de afrancesado, en [[1812]] trasladouse a [[París]] onde completou a súa formación mediante o estudo das obras dos clásicos, [[Horacio]] principalmente, do que traduciu ao [[Lingua castelá|castelán]] as súas obras. Esta tradución de Horacio foi comentada á súa vez por Andrés Bello nun celebrado artigo sobre a tradución. Bello cualifica a Javier de Burgos de «débil tradutor y excelente comentarista de Horacio». Anos máis tarde, en [[1844]] publicou unha revisión desta obra que coas súas imperfeccións segue sendo un referente, entre outras cousas pola utilización da estrofa sáfica en versos soltos.
 
=== A creación das provincias ===