Abén Humeya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada); cambios estética
Liña 1:
'''Abén Humeya''', de nome cristián '''Fernando de Válor e Córdoba''' e de nome musulmán '''Muhammad ibn Umayya''', nado contra o [[1545]] e finado en [[1569]], foi un nobre [[mourisco]].
 
== Traxectoria ==
Era membro dunha familia musulmá granadina que se reclamaba descendente dos [[Dinastía Omeia|OmeiaOmeias]]s de [[Califato de Córdoba|Córdoba]] e que pactou o seu conversión durante a conquista de [[Reino de Granada|Granada]]. A cambio da súa conversión e colaboración, os [[Reis Católicos]] concederon o señorío de [[Válor]] ao avó de Abén Humeya, que adoptara o nome de ''Hernando de Córdoba'', e o dereito a ser membro do cabido granadino. A familia fixou a súa residencia en ''[[Válor|Válor o Alto]]'' e engadiu o nome de [[Válor]] ao seu apelido, pasando a ser Córdoba e Válor, e conseguindo o alcume de ''Os Valorís''.
 
Fernando de Córdoba e Válor nacido cristián en Granada e chegou a ser [[Cabaleiro vinte e catro]] da cidade de [[Granada, España|Granada]], é dicir membro do cabido municipal.
 
Cando, tras o edicto de [[Filipe II de España|Filipe II]] en [[1568]] prohibindo a lingua árabe e os costumes musulmáns, estalou a insurrección dos [[mourisco]]s nas [[Alpujarras]], Fernando uniuse á [[Sublevación das Alpujarras|sublevación]], abxurando das crenzas cristiás e tomando o nome de Muhammad ibn Umayya (que pasou a pronunciarse como '''Abén Humeya'''). Mercé á influencia do seu tío, converteuse no principal dirixente da insurrección e foi proclamado rei. Os rebeldes combateron contra as tropas reais mandadas sucesivamente polo [[marqués de Mondéjar]], o marqués dos Vélez e don [[Xoán de Austria]]. A pesar de que inicialmente a iniciativa militar correspondeu aos mouriscos, non conseguiron tomar [[Berja]]. Pronto xurdiron disensións entre os propios mouriscos. Segundo uns historiadores, a arbitrariedade e tiranía que mostra Abén Humeya, xunto co seu carácter despótico e receloso, fanlle perder o apoio dos rebeldes, sendo asasinado no seu palacio de [[Laujar de Andarax]] en outubro de 1569, aínda que outros din que foi asasinado por mouriscos axentes dos casteláns. En calquera caso, é sucedido polo seu primo [[Abén Aboo]]. A revolta sería sufocada en [[1571]].
 
== Aben Humeya e os [[Xogos Mouriscos]] ==
Un dos episodios máis interesantes protagonizado por Abén Humeya foi o dos [http://www.juegosmoriscos.org Xogos Mouriscos] que, segundo o cronista Ginés Pérez de Fita, convocou en [[Purchena]] en setembro de 1569, pouco antes de morrer asasinado. Conta Pérez de Fita na ''2ª Parte das Guerras Civís de Granada'' que, tras o errado cerco da Cidade de [[Vera, Almería|Vera]], Abén Humeya retirouse a Purchena onde convocou estes Xogos Mouriscos que incluían probas deportivas, algunhas delas de ascendencia olímpica como a loita, o levantamento de pedra, sostemento de ladrillo, lanzamento con fonda, carreiras de velocidade e media legua, concursos de danza e canto... todo iso para ter adestrada á tropa e para recuperar as súas tradicións, vestimentas, nomes... Este feito histórico-deportivo orixinal e único, desde 1993, é recordado anualmente no municipio de [[Purchena]] ([[Almería]]) cada primeiro fin de semana de agosto. Deste evento de clara ascendencia olímpica, [[Juan Antonio Samaranch]], presidente do [[Comité Olímpico Internacional]] ata 2001, dixo:
''Os [[Xogos Mouriscos de Aben Humeya]] supón refacer o elo perdido da cadea entre a Antigüidade e o mundo moderno.''