Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: ANR
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 9:
Trala caída do imperio o territorio foi ocupado por pobos de orixe [[godos|goda]], principalmente [[suevos]] (no noroeste), [[vándalos]] (no sur) e [[visigodos]] (resto da península). Estes últimos acabarían por conquista-la totalidade do territorio.
 
Tempo despois chegarían os [[árabe (pobo)|árabes]], que unha vez máis se farían co poder en case toda a península, tirantes uns poucos territorios do norte, que ó final acabarían por se impoñer ó dominio musulmán nun proceso continuo de guerras coñecido como [[A Reconquista|Reconquista]]. Entrementres, o territorio islamizado sería durante sete séculos un importante centro cultural ata a caída do reino taifa de [[Granada, España|Granada]] en [[1492]].
 
Durante o reinado dos [[Reis Católicos]] a península será unificada, salvo o territorio correspondente a Portugal, que unha vez conquistado o [[Algarve]] será un dos países que menos cambiou as súas fronteiras ó longo dos séculos. Xa no reinado de [[Filipe II]] a península vería a súa derradeira unificación baixo un mesmo gobernante, pero coa reconquista da independencia de Portugal o territorio peninsular quedaría xa dividido ata a actualidade nos dous estados: [[Portugal]] e [[España]].