Ricardo I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 7:
Ricardo foi o terceiro fillo home de [[Henrique II de Inglaterra]] e [[Leonor de Aquitania]]. Aínda que naceu no [[Palacio de Beaumont]], en [[Oxford]] ([[Inglaterra]]) foi esencialmente [[Francia|francés]], ó igual que a maior parte da familia real. Tras a separación dos seus pais permaneceu coa súa nai e recibiu o título de [[duque]] de Aquitania en [[1168]] e conde de [[Poitiers]] en [[1172]]. Mentres, o seu irmán [[Henrique o Mozo|Henrique]] foi coroado como ''segundo'' rei de Inglaterra, ao servizo do seu pai.
 
Ricardo foi un home de moi boa educación. Escribiu poesía tanto en francés e [[lingua occitana|occitano]]. Dicíase del que era moi atractivo, con cabelos rubios e loiros, ollos claros e complexión pálida, aínda que esta descrición debe tomarse con cautela ó non ser contemporánea nin por corresponder coa imaxe da súa efixie en [[Fontevraud]]. Aparentemente tiña unha estatura maior ca doda promediomedia, pero dado que o seu corpo se perdeu durante a [[Revolución Francesa]], non se coñece a súa estatura exacta.
 
Desde a mocidade pareceu mostrar habilidades políticas e militares destacadas e volveuse notorio póla súa valentía e cabaleirosidade, loitando fortemente para controlar as revoltas dos nobres no seu propio territorio. Como os seus irmáns, Ricardo desafiou á autoridade do seu pai constantemente e o seu sentido da responsabilidade volvíase cuestionable.