Víctor Català: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (GR) File renamed: File:Cementiri.jpgFile:Cementiri Caterina Albert Paradis (Víctor Català).jpg File renaming criterion #2: To change from a meaningless or ambiguous name to a name that describe...
Liña 6:
En [[1898]] concorreu aos [[Jocs Florals]] de [[Olot]], onde resultan premiados o seu poema ''El llibre nou'' e o seu monólogo ''La infanticida'', que escandaliza pola súa temática e o ton no que estaba escrito, aumentando o escándalo ao saber o xurado que fora unha muller quen o escribira. Por mor disto Catarina dende 1900 utiliza o alcume de Víctor Català. En 1901 sae do prelo o libro de poesías ''El cant dels mesos'' e comeza a colaborar na revista ''Joventut'' ata o seu peche en 1906. ''Quatre monòlogs'' aparece en 1902 e nese ano sae tamén ''Drames rurals'', libro de relatos que se converte nun éxito de vendas e crítica.
 
[[Ficheiro:Cementiri Caterina Albert Paradis (Víctor Català).jpg|dereita|miniatura|Nicho de Caterina Albert.]]
 
En 1904 comeza a publicar por entregas en ''Jovetut'' a novela modernista ''Solitud'' e trasládase a vivir a [[Barcelona]]. En 1904 aparece ''Ombrívoles'', conxunto de narracións. En 1905 aparece ''Solitud'', a obra máis recoñecida da autora e unha das mellores da literatura catalá. ''Caires vius'', outro libro de narracións aparece en 1907, e tras el un longo silencio literario ata [[1918]] no que comeza a publicar na revista ''Catalana'' os retallos do que será a novela ''Un film'', que publicará en [[1919]] e que recibirá duras críticas, a partir de entón diminuirá a súa influencia no mundo literario catalán. Seguirá a publicar algúns libros de relatos como ''Mare Balena'' (1920), ''Contrallums'' (1930), e xa despois da [[guerra civil española]] ''Vida mólta'' (1949) aparece logo de publicar un libro en castelán por imposibilidade de publicalo na lingua orixinal. En 1951 aparece ''Jubileu'' e as ''Obres completes''.