A morte na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo e traduzo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *difunto
Liña 177:
O imaxinario popular non dubida de que as [[ánima]]s dos mortos ós que aínda lles quedou algo pendente por facer ou algunha pena que expiar seguen presentes entre os vivos. Entre outras actuacións xa se mencionou que viñan para advertir da morte dun conveciño, pero fan máis. Hainas que buscan axuda para restaurar algún dano que causaran en vida, ou para insistir ante os seus familiares que cumpran as mandas que deixaron ó morreren.
 
Tamén é sabido que quen non foi a [[Santo André de Teixido]] de vivo terá que ir de morto, e iso explica que existan ánimas peregrinando ó mosteiro do santo, como tales ánimas ou reencarnadas en animais. No primeiro caso, son os familiares -normalmente dous- os que acompañan a alma do morto: antes de comeza-la peregrinación, os parentes van onda a tumba do difuntodefunto para convidar ó espírito do morto a face-la viaxe con eles. No segundo caso, advírtese que quen se atope unha [[cobra]] ou un [[lagarto]] no camiño ó mosteiro non lle pode facer mal ningún, porque se trata dunha ánima na súa última peregrinación.
 
== Notas ==