Pilar Bendoiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
engado referencia
Liña 4:
Licenciada en Filoloxía Inglesa e Diplomada en Mestre, Especialidade en Lingua Estranxeira, Inglés, pola [[Universidade de Santiago de Compostela]].
 
Estudante de doutorado elaborando a tese doutoral sobre a tradución de literatura infantil e xuvenil do inglés ao galego, inscrita na Universidade de Santiago de Compostela, onde ademais é membro do Grupo de Investigación LITER21 ''Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas'' (GI-1839). Investigadora no [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]]<ref>{{cita web|apelidos=Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades|título=Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil|url=http://www.cirp.es/w3/proxectos/proxecto-literatura-infantil-e-xuvenil.html|dataacceso=20 de febreiro de 2016}}</ref>, onde forma parte do equipo de redacción do proxecto de Investigación ''Informes de Literatura''. Membro da Asociación Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ) e da Rede temática de investigación ''Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano'' (LIJMI).
 
Tras diversos anos de experiencia docente, na actualidade imparte clases de Lingua Española en Educación Primaria en [[Carolina do Norte]], [[Estados Unidos de América]]. É autora de artigos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega e literatura infantil e xuvenil traducida, ademais de participación en obras colectivas e traducións.