Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
=== Regreso a Castela ===
[[Ficheiro:Cervantes Valladolid lou.jpg|miniatura|dereita|250px|Estatua de Cervantes na Praza da Universidade de Valladolid.]]
En maio de [[1580]] Cervantes trasladouse a [[Portugal]], onde estaba a corte de [[Filipe II de España|Filipe II]], co obxecto de atopar algo co que refacer a súa vida e pagar as débedas que contraira a súa familia para rescatalo de Alxer. Encomendáronlle unha misión secreta en Orán, xa que tiña moitos coñecementos da cultura e costumes do norte de África. Por ese traballo recibiu 50 escudos. Regresou a [[Lisboa]] e a finais de ano volveu a Madrid. En febreiro de [[1582]], solicita un posto de traballo vacante nas Indias; sen conseguilo. Nestes anos, o escritor ten relacións amorosas con Ana Villafranca (ou Franca) de Rojas, a muller de Alonso Rodríguez, un taberneiro. Da relación naceu unha filla que se chamou [[Isabel de Saavedra]], que el recoñeceu.
 
O [[12 de decembro]] de [[1584]], contrae matrimonio con Catalina de Salazar e Palacios no pobo toledán de [[Esquivias]]. Catalina era unha moza que non chegaba aos vinte anos e que aportou un pequeno dote. Suponse que o matrimonio non só foi estéril, senón un fracaso. Aos dous anos de casados, Cervantes comeza os seus extensos viaxes por Andalucía. Cervantes é quen estreou na literatura española o tema do divorcio, entón imposíbel nun país católico.