Parede: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "*''Para a freguesía portuguesa véxase: Parede, Cascais.'' miniatura|Esquema dunha parede. Unha '''parede''' (do latín: ''paries, -ĕtis''<r..."
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 11:
Unha parede pode estar construída de diversos materiais, porén, actualmente os materiais máis empregados son [[ladrillo|tixolo]] e o [[cartón xeso]], sendo menos frecuentes a [[madeira]] e os seus derivados. En determinadas zonas do planeta aínda seguen a empregar técnicas ancestrais como as paredes de [[pedra]], [[adobe]] ou [[tapal]]<ref>''Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura'', Vigo, COAG-Concello de [[Vigo]], 1998</ref>. En climas máis benignos, as paredes puoden elaborarse con materiais máis lixeiros, ou estar conformadas por todo tipo de plantas (como a cana de [[bambú]]). Na casa tradicional galega as paredes de carga ou muros adoitaban construirse en pedra, pola abundancia deste material no país; porén os tabiques internos de división da casa soían ser se madeira ou de madeira/xeso antes da chegada do [[ladrillo|tixolo]]. No caso dos cerramentos téxtiles, como os das ''carpas'' ou as tendas de campaña, suporía o límite do concepto "parede", pois aínda que seguirían cumprindo as funcións de separación e protección, carecerían da cualidade de rixidez inherente ao concepto de ''parede''.
 
Se a parede só cumpre a finalidade de división, normalmente emprégase [[ladrillo|tixolo]] cerámico, macizo (no caso de fachadas) ou [[ladrillo oco|oco]] (en particións interiores). Na actualidade, para divisións interiores non estruturais emprégase con moita frecuencia tamén o [[cartón xeso]], a xeito de paneis ancorados a unha armazón interior, que pode ser de listón de madeira (caso das ''[[Balloon frame]]'' norteamericanas) ou máis comunmente de [[perfil metálico|perfís]] pregados de [[aceiro]]. Tamén é posíbel substituír a placa de cartón xeso por pranchas de madeira ou dalgún derivado da madeira, coma taboleiros de partículas, aglomerados, [[Oriented strand board|OSB]], etc. Tamén é posíbel atopar paredes de cristal, tanto en fachadas coma en divisións interiores.
 
As paredes soen ter tratamentos superficiais de acabado. As de tixolo revístense con morteiros de [[cemento]], [[cal]] ou [[xeso]], que posteriormente se pintan. As paredes de cartón xeso só necesitan de pintura, mentres que as de madeira normalmente se protexen con [[verniz|vernices]].