Xosé Manuel Carballo Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fue miembro del Colectivo Máxico Waldemar de Lugo, junto con el Mago Antón entre otros.
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Xosé Manuel Carballo Ferreiro''', nado en [[Castro de Rei]] en [[1944]], é un sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Estudou no [[seminario de Mondoñedo]] e foi ordenado sacerdote en [[Vilanova, Lourenzá, Lourenzá|Vilanova de Lourenzá]] en [[1966]]. Posteriormente pasou como formador ao Seminario de Mondoñedo. En setembro de [[1973]] foi nomeado párroco de [[Castro de Rei, Castro de Rei|Castro de Rei]], [[A Azúmara, Castro de Rei|A Azúmara]] e [[Ramil, Castro de Rei|Ramil]], parroquias ás que se engadiron [[Goberno, Castro de Rei|Goberno]], [[Balmonte, Castro de Rei|Balmonte]] e [[Santa Locaia, Castro de Rei|Santa Locaia]]. Impulsou a restauración das igrexas destas parroquias, e a realización de obras comunitarias como reelectrificacións e concentracións parcelarias. Impartiu clases de relixión cando se abriu o colexio público “Ramón Falcón” de Castro de Rei e colaborou nas distintas actividades culturais e recreativas extraescolares. Dende [[1985]] forma parte do Equipo de Delegados de Catequese de Galicia e da Diocese de Mondoñedo, colaborando co uso normal do galego nas catequeses.
 
Liña 8:
Colaborou no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' e na revista ''[[Irimia]]''. Na radio colabora semanalmente con Cope de Lugo, Radio Nacional de España en Coruña, Radio Galega, Radio Principal de [[Vilalba]] e [[Monforte de Lemos|Monforte]] e Cope de Vilalba. En televisión tivo un programa semanal durante tres anos nos comezos da Televisión de Lugo. Presidiu unha comisión de impulso e normalización do uso do galego nas áreas de relixión, servizos sociais e inmigrantes creada pola Xunta de Galicia. Dirixiu e dirixe varios grupos de teatro. Ten realizado múltiples actuacións de maxia ou ilusionismo, e é animador e mestre de magos e "padriño" do Colectivo Máxico Waldemar de Lugo.
 
== Obras ==
No campo relixioso, foi guionista e director dos vídeos: ''Seguir a Xesús'' (1994) e ''Este é o meu Fillo''.
 
=== Teatro ===
* Versión en galego de ''O menciñeiro á forza'', 1971.
* ''Bo Nadal''.
* ''Recobrou o sorriso o Eleuterio''
* ''Auto de Nadal''.
* ''Dous vellos e unha soa soidade'' (en colaboración con [[Marica Campo]]).
* ''Vaise pechar outra casa máis'' (en colaboración con Xulio Pita).
* ''Unha noite de Ruada'' (con Samarita Canto).
 
=== Narrativa ===
* ''Parábolas Chairegas'', 1981.
* ''Don Otto de viaxe pola chaira'', 1994.
* ''Celestino Racamonde''.
* ''Contrato nulo'', 2002.
 
== Premios ==
* Lucense do Ano en 1992, pola Asociación da Prensa.
* Fillo predilecto do concello de Castro de Rei, 2004.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galegos.info/gl/xose-manuel-carballo-ferreiro Ficha en galegos.info]
 
{{ORDENAR:Carballo Ferreiro, Xose Manuel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Dramaturgos en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]