Método da raia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[FileFicheiro:Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite.jpg|thumb|Placas raiadas por [[pirita]] (esquerda) e [[rodocrosita]] (dereita)]]
A '''raia''', '''risco''', '''trazo''' ou '''cor do po''' dun [[mineral]] é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non [[meteorización|meteorizada]], e fornece así un método para clasificalo. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é unha ferramenta diagnóstica importante na [[identificación de minerais]]. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os [[silicato]]s, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar facilmente.
 
Liña 10:
Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A [[fluorita]] sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A [[hematita]], de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en [[Lingua grega|grego]] significa 'sangue'). A [[galena]], de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.
 
== Notas ==
=== Véxase tamén ===
* [[dureza]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mineraloxía]]